Etiquetas

12 mayo 2024

CARMEN e ROSAURA CID

Carmen e Rosaura Cid eran as fillas de Isidoro Cid Rivo. Seu pai era de Seixalbo e foi un home moi comprometido. Era mestre e estivo de interino na escola de Chas, Montederramo. Logo aprobou as oposicións en 1930 e destinárono á escola de Paderne. Logo foi exercer a Vigo, afiliouse ao Partido Comunista e converteuse en secretario administrativo da FETE de Vigo. Co alzamento militar de inmediato foi sancionado e xulgado por rebelión e tomará a decisión de exiliarse a Uruguai en 1936 e desde alí non deixaría de loitar polos seus principios.

Con el foron a súa muller e as súas dúas fillas, Carmen e Rosaura, que aprenderían do seu pai os valores da democracia. Estando en Montevideo, Isidoro formou parte  en 1939 do O.R.G.A.P. E, a Organización Gallega de Ayuda al Pueblo Español e que logo se chamará Organización Gallega Antifascista. El ocuparía o cargo de Sección de Propaganda. Tamén era membro da Casa de España que asinou un escrito en 1948 de apoio ao Sr. Albornoz, presidente da República no exilio. Precisamente a directiva da Casa de España  estaría fichada pola CIA

Alén dos mares Isidoro foi membro activo da Casa de España que tanto facía actividades conmemorativas como celebrar o Día de Galicia como tamén enviaba escritos aos gobernantes como foi o caso do envío ao presidente de Chile dunha carta na que se solicitaba a excarceración de dous españois. 

Isidoro (Isidro) regresaría a Ourense, ao seu Seixalbo natal(¿?)

O seu activismo levou ás súas fillas a sentirse partícipes dos seus sentimentos. Sen dúbida o seu pai deixaría unha fonda pegada nelas.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Vid: El magisterio español, 16 de abril de 1929, p. 6; El magisterio español, 9 de outubro de 1930 , p. 7; España Democrática : Órgano del Comité N. Pro Defensa de la República Democrática Española: Año III Número 105, 12 de maio de 1939, p. 4; Mundo Obrero : Boletín del Partido Comunista de España en Francia: Número 120, 3 de xuño de  1948, p. 2; Facal, S. (2020). Galician Republicans and their Impression on Montevideo’s Cultural Life/Republicanos gallegos y su impronta en la vida cultural montevideana/ Republicanos galegos e a sua pegada na vida cultural montevideana. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23 SE, 97–106. https://go.gale.com/ps/i.do?id=GALE%7CA661738141&sid=googleScholar&v=2.1&it=r&linkaccess=abs&issn=19883285&p=IFME&sw=w&userGroupName=anon%7E68b84b3d&aty=open-web-entry.