Etiquetas

21 enero 2024

SOCORRO LUACES PEÓN

Socorro era mestra e tiña o título Superior tras cursar estudos na Escola Normal de Pontevedra en 1908, cidade de onde era natural. En 1910 estivo destinada na escola de Oia e en decembro de 1911 casou na Igrexa de Santa María de Pontevedra co médico Celso Valenzuela Martínez. 
Estivo en 1913 na escola de Adelán, no Concello de Rodeiro, e pasou despois a exercer na escola de Rosal en Salvaterra en 1914 e ese mesmo ano déuselle a autorización para ampliar os seus estudos no Colexio Nacional de Xordo-Mudos de Santiago. 
Exerceu en Salvaterra varios anos ata que en 1923 fixo unha permuta coa mestra Pilar Pazos González que tiña a escola en Xubín, Cenlle, deste xeito Socorro veu exercer á nosa provincia. O seu home, Celso, tamén viría destinado a Cenlle como médico e chegou a ocupar o cargo de alcalde en 1930.

En 1934 Socorro asinou unha manifesto titulado "Al paso de una insidia" xunto cos mestres e mestras da comarca de Cenlle no que daban queixa dunha noticia dun corresponsal que aparecera no xornal El Faro de Vigo o 1 de febreiro de 1934 manifestando que os docentes da zona de Cenlle eran todos uns folgazáns e que non cumprían co seu deber. En contrapartida redactaron un escrito que enviaron á prensa no que dicían textualmente:

En una información que publica "Faro de Vigo", del día 1 de los corrientes procedente de Cenlle, el corresponsal arremete contra los maestros del Municipio, tachándoles de holgazanes y poco celosos en el cumplimiento del deber.

El asunto, motivo de la denuncia, que tal se puede calificar el escrito, no es por falta de celo, como dice, sino porque nos excedemos, ya que tratamos en nuestra misión de hacer ciudadanos que no se dejen pisotear en sus derechos y que estén al tanto de lo que las leyes de la República contienen. Le pesa por lo que hacemos y no por lo que no hacemos.

Ahora más que nunca, porque las cosas cambiaron, procuramos, por todos los medios, hacer que nuestra labor escolar salga del ámbito del local sino díganlo las bibliotecas y las conferencias del barullo que, en los de la acera de enfrente, se ha formado.

Los maestros que suscribimos -que somos todos- estamos dispuestos a que las autoridades superiores nos visiten y juzgen por la labor realizada en nuestra obra y en tanto seguiremos luchando dispuestos a todo, hasta demostrar al desaprensivo corresponsal, que que es falso cuanto denuncia y que cuando se pretende atacar a un maestro, no hay porque envolver a la colectividad...Alfredo González, Luís Rodríguez, Regina Falcón, Manuel Viso, Julio Fontenla, Ernesto Otero, Socorro Luaces, Margarita Soto, Isaura Rojo, Ricardo Seoane, Francismo Gil, Manuela Ventura, Carmen Alonso, Ramón Casares. (1)

Chegada a guerra e a ditadura comeza a depuración do maxisterio. Mestres e mestras que sen ser propiamente republicanos e que levaban desde anos antes da República exercendo na docencia, víronse suprimidos das súas escolas, reprendidos e represaliados. Socorro sería unha de tantas mestras que foron sancionadas. A Inspección de Primeira Ensinanza emitiu un informe ao Presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza de Cenlle comunicándolle a resolución do expediente á mestra, Socorro, á que se lle impuxo unha amonestación pública coa esixencia de "cumprir ben todos os deberes". Finalmente en maio de 1940 Socorro foi suspendida de emprego e soldo por un período de un ano e co traslado forzoso fóra da provincia e coa prohibición de solicitar cargos vacantes durante un período de cinco anos así como a inhabilitación para desempeñar cargos directivos e de confianza nas Institucións de Ensinanza. E a sentencia levouse a cabo e Socorro en decembro de 1940 foi trasladada de forma forzosa á provincia de Burgos.

(1) El pueblo gallego, 9 de febreiro de 1934, p. 11.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: La Correspondencia Gallega, 23 marzo 1910, p. 3; Diario de Galicia, 06 de xaneiro de 1910, p 2; El Correo de Galicia, 24 de agosto de 1911, p. 2; Diario de Galicia, 19 de decembro de 1911, p. 2; Noticiero de Vigo, 12 de xaneiro de 1913, p. 1;  La Correspondencia Gallega, 10 outubro 1914, p. 1; El Noticiero gallego, 18 maio de 1923 ,p. 2; El pueblo gallego, 30 de marzo de 1930, p. 11; El Noticiero gallego, 4 de febreiro de 1943, p. 4; La Región, 7 de marzo de 1940, p. 5;  La Región, 10 de marzo de 1940, p. 6; La Región, 8 de maio de 1940, p. 4; La Región, 15 de decembro de 1940, p. 1.