Etiquetas

16 febrero 2015

EDELMIRA ÁLVAREZ O´FARRIL

Temos ocasión de mencionar hoxe no blog a unha das fillas dun importante empresario ourensán, de recoñecido prestixio e amante da súa terra. Estou a referirme a 
 Manuel Álvarez, emigrante ourensán en Cuba que fundou no barrio de Vigo de Casablanca os talleres de decoración de porcelana converténdose nun complexo industrial na parroquia de Cabral con expansión dentro e fóra de Galicia .
Edelmira Álvarez O´Farril naceu en Santa Clara, Cuba o 2 de xuño de 1891. Nos expedientes académicos do Instituto Provincial consta que se matriculou no ano 1913. Estudou durante dous cursos acadando unhas boas cualificacións. Solicitou certificación académica o 13 de agosto de 1914 para a Escola Normal de Mestras de León.

Era irmá de Moisés Álvarez O´Farril quen en 1941 gobernou o grupo de empresas Álvarez (GEA) herdados do pai e a estrutura chegou a ter nove divisións: Santa Clara (porcelana), Casablanca y Vanosa (vidrio), Royal China, Moahsa, Pontesa e Ibero-Tanagra (loza), Manesa (refractarios) y Cromolito (calcomanías cerámicas); todas en Vigo excepto Pontesa en Soutomaior e Ibero-Tanagra, en Santander.

Casa en Vigo no ano 1921 con Don Jesús de Juan y Lago, oficial do Ministerio de Instrución Pública e Bellas Artes. 

Faleceu en Madrid o 14 de outubro de 1998.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)