Etiquetas

21 septiembre 2022

TERESA RAMÓN FERNÁNDEZ

Naceu 24 de maio de 1900. Era mestra e fixo os estudos de maxisterio na Normal de Ourense rematándoos en 1919. Era filla de Pío Ramón Ojea que era profesor auxiliar na Normal, da que foi tamén secretario ata 1917. Teresa tiña unha irmá, Elisa, pero faleceu en 1920 aos quince anos.

Teresa, logo de opositar, ocupou praza en diferente escolas. Estivo no pobo de Nocelo da Pena de Sarreaus, no de Muradás en Beariz,  En 1932 estaba na escola de Muradás e destacou polo seu traballo cos nenos. Levaba a cabo unha educación activa posto en evidencia nas exposicións de traballos escolares que organizaba:

(Fonte: La Región, 28 de xullo de 1932. Galiciana)

En decembro de 1935 deuse de alta na Casa do Maestro formando parte como socia da entidade. En xullo co alzamento militar comezou a penuria de moitos docentes e Teresa tamén sufríu a persecución. Sería ese o motivo polo que en setembro de 1936, estando destinada na escola de Figueiredo  non acudiu  o 7 de setembro, día de inicio do curso, á escola, polo cal o Gobernador Civil emitiu un comunidado no que se indicaba a suspensión de emprego e soldo por un mes, baixo a ameaza de que sería destituída se reincidía na falta. En outubro foi destituída formalmente enviándoselle ao alcalde de Paderne a orde de dito cese pero en agosto de 1938 foi reposta na escola. Así  recolleu a prensa El Pueblo Gallego  do 13 de setembro de 1936:

Por no abrir la escuela, ni dar clase el día 7 del actual (septiembre) las maestras nacionales de Paderne y Figueiredo, Doña Flora Emilia Gil Fernández y Doña María Teresa Ramón Fernández, respectivamente, sin causa que lo justifique, el excelentísimo señor gobernador civil de la provincia les impuso el correctivo de suspensión de empleo y sueldo por un mes, conminándolas además a que, en caso de reincidencia se las destituirá definitavente. 

Non obstante o novo réxime tiña a Teresa no punto de mira e en maio de 1940 foi suspendida de emprego e soldo por dous anos e trasladada fóra da provincia con prohibición de pedir vacante durante un período de cinco anos. En xuño dese mesmo ano solicitou á Comisión Depuradora que revisaran o seu expediente pero non foi aceptada.

Chegado o ano 1958 puido reincorporarse e foille concedida a praza na escola de nenas da Manchica.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes e hemeroteca)

Vid: El Pueblo Gallego, 1 de xullo de 1928, p. 15; 19 de marzo de 1929, p. 11; 6 de novembro de 1931, p. 7; 13 de setembro de 1936, p. 7; 21 de agosto de 1938, p. 7; 8 de outubro de 1957, p. 8; La Región, 5 de novembro de 1931, p. 8; 13 de setembro de 1936, p. 1.El Magisterio Español, 7 de xuño de 1934, p. 16.