Etiquetas

22 julio 2022

ISABEL FERRÍN NOVOA


Naceu en Casardomato o 4 de novembro de 1897. Era irmá de María Ferrín Novoa e filla de Angel Ferrín Moreiras.

Fixo o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico o 19 de setembro de 1910. Estaría matriculada ata 1912 nas materias de Lingua Castelá, Debuxo 1; Debuxo 2; Caligrafía, Relixión 1 e Aritmética, nas que acadou un notable; e na de Nocións de Aritmética e Xeometría, Xeografía xeral e de Europa nas que acadou un aprobado. Todo isto viuse interrumpido polo seu falecemento inesperado e repentino o 8 de novembro de 1913, cando tiña dezaseis anos. A cidade sentiuse conmocionada pola perda.

(La Región, 8 de novembro de 1914, p. 3. Galiciana)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes). 
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e Educación en Ourense, 1900-1930, Tese de Doutoramento. Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las estudiantes de bachilleratouna fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la educación: Revista interuniversitariaISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470.