Etiquetas

29 junio 2022

CRISTINA HUETE VALES

Cristina Huete é unha periodista ourensá de longa traxectoria. É periodista de El País e os seus artigos de investigación e análise outórgalle un carácter de periodista comprometida coa realidade. 

Pertence a unha saga de xornalistas, comezando polo seu pai, Ángel Huete, que traballou na prensa local de La Región e foi todo un referente nos inicios do periodismo de investigación e información local. Tamén temos que mencionar ao seu irmán Javier Huete cuxa voz era inconfundible na Radio Ourense, sempre do lado dos traballadores. Outro dos irmáns, Anxel, dedícase á arte e tras a súa estadía en Berlín voltou á terra que, coma dixo, tanto ben lle fai.

Cristina soubo labrarse un respecto no periodismo dentro desa discreción que sempre a caracterizou. Os seus artigos son verdadeiros informes, ben documentados, de redacción contundente, sinceira e sen adobíos. Son artigos valentes xa que non dubida en facer crítica das actuacións dos políticos locais e galegos.

A traxectoria da nosa periodista nun periódico que marcou unha época ben merece ser recoñecida.

(Elaboración propia)