Etiquetas

27 marzo 2020

MARINA FERNÁNDEZ

Naceu en Ourense en 1945. Ela é mestra e pedagoga-terapeuta pero non exerce como tal pois a súa dedicación e paixón é a pintura á que se achegou de xeito autodidacta. A súa obra ten un estilo expresionista-vital e escolle diversidade de temas para expresarse.Realizou interesante exposicións en París, Portugal e por toda a xeografía galega. O seu tema principal é a muller que pinta con ollos que lembran ás representacións bizantinas ou mesmamente ibéricas, cheas de cor e pinceladas vitais e enérxicas.

Vid: Gómez Limia, Rosa e Núñez Sánchez, Patricia, 100 mulleres galegas. Artistas emerxentes, Santiago, Xunta de Galicia, 2010, p. 248-251.