Chus Blanco Piñeiro titúlase como arquitecta pola ETS de Arquitectura de Madrid. É a cuarta arquitecta colexiada no COAG, no ano 1972 o que a fai ser pioneira en exercer a profesión.
Traballou no ámbito do exercicio libre, co arquitecto Fernando Blanco e funda o estudo GIAP a comezos de 1970.
Desenvolve a súa actividade inqueda e libertaria, con obra tanto individual como en colaboración con outros arquitectos.
Desenvolve a súa actividade inqueda e libertaria, con obra tanto individual como en colaboración con outros arquitectos.
Tamén estivo moi ligada á vida artística por Xaime Quessada e Javier Quesada, home e fillo dela.
Cóntase en Hai Mulleres de Facebook que os arquitectos lle dicían ao seu pai que como ía estudar a súa filla esa carreira pois era de homes e que a convertiría en soleirona pois o ingreso era case imposible e que a xente tardaba dez ou doce anos en superar ese ingreso saíndo os homes con 30 ou 32 anos.

O seu pai non fixo caso e ela marchou a Madrid e preparouse na academia para o ingreso. Recalca que era a única muller. Incluso o profesor lle indicou ao pai de Chus se estaba seguro de deixar alí á súa filla. O pai contestou que era o que quería a súa filla.
Como podemos observar, a vocación, ansias, fortaleza de Chus deu os seus froitos.
Vid: Hai Mulleres