Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento.; El Pueblo Gallego, 19 de mayo de 1932.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
09 marzo 2019
REGINA FALCÓN DOMÍNGUEZ
Regina naceu en A Touza, Ourense, no ano 1896. Cando tiña 11 anos matricúlase no Instituto de Ourense para realizar estudos de Maxisterio desde 1907 ata 1911. Exercería como mestra nas escola de Laias en O Carballiño e participaría de actividades educativas e saídas escolares co seu alumnado sendo estas reflectidas na prensa do momento. Visitaban o mosteiro de Oseira, Maside, O Carballiño...e moitas máis o que é indicativo de que esta mestra era coñecedora dos beneficios da pedagoxía renovadora baseada na experiencia aproveitando ademais a contorna da escola. No ano 55 sería destinada para a escola da Ponte Maior en Ourense.