Nada
en Ourense, os seus país emigraron a Alemaña a finais dos anos sesenta. Alí atoparon
mellores perspectivas para os seus fillos e tamén para si
mesmos.
Ao
longo da súa carreira profesional traballou en diversos ámbitos dos recursos
humanos.
Entre
outras responsabilidades, estivo a cargo dos directivos da Deutsche Bahn e foi membro
da Xunta Directiva da súa subsidiaria de loxística Schenker AG. Desde xullo de
2012, é membro da Xunta Directiva de BMW Group, como responsable
de persoal e materia social, mantemento e xestión enerxética.
Milagres
Caiña Andree chegou a Alemaña sendo moi nova pero aínda así recibiu unha educación
bilingüe.
Para
ela os fitos da súa traxectoria profesional foron precisamente aqueles nos que deu un paso adiante en responsabilidade. Por exemplo, cando con trinta e
seis anos entrou na Xunta Directiva de Vossloh AG como responsable de persoal;
máis adiante, cando tivo a oportunidade de marcar o camiño que se debía seguir
nunha compañía do tamaño da Deutsche Bahn. Pero definitivamente, BMW Group ocupa
un lugar privilexiado na percepción da súa carreira.
Vid: 100 españoles