Etiquetas

21 septiembre 2013

MARTA VALENCIA NÓVOA

Naceu en Ourense o 6 de abril de 1898 e era filla do comerciante Gustavo Valencia. Aos once anos matriculouse no Instituto Provincial de Ourense despois de realizar o exame de ingreso o 20 de setembro de 1909. Estivo matriculada ata 1913 e realizou catro cursos de forma oficial acadando unhas cualificacións moi boas con sobresaliente en Xeografía xeral de Europa; Relixión; Xeografía especial de España; Francés; Historia Universal e Debuxo. 

O 3 de abril de 1914  solicitou certificado á Escola Normal  onde titulou no ano 1917 con premio matrícula de honra. Casou en 1921 con Vicente Santiago que era avogado Oficial da Sala de Audiencia. 

No ano 1933 entrou a formar parte da plantilla de profesoras da Normal de Ourense para impartir a materia de Lengua y Literatura.

(A Normal de Ourense na rúa do progreso)

Vid: Cid Galante, Rosa María, Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970). A súa orixe e os seus emprazamentos. Universidade de Vigo. Servizo de publicacións. 2013; Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la educación: Revista interuniversitariaISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470; Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita.