Etiquetas

02 marzo 2013

ANTOÑITA AMOR OUTEIRIÑO

Era filla de Antonio Amor, funcionario de Obras Públicas. As súas irmás eran Victoria e Teresa. Antoñita Amor como muller moi tradicional formou parte do grupo "Mujeres al Servicio de España". 
Formaban este grupo mulleres cuxos actos encamiñábanse a apoiar ao novo réxime e contra dos "rojos".
Tamén formaría parte da directiva As Margaritas e se afiliaría á Sección Feminina.
Casou en maio de 1938 con José Lamas Quesada, axente de investigación.

Vid: El Ideal Gallego, 24 de marzo de 1938, p. 5; La Región, 18 de febreiro de 1937, p. 4;