Etiquetas

19 enero 2013

CARMUCHA VÁZQUEZ PRATS

Neste blog tamén teñen cabida aquelas mulleres, que sen ter nacido en Ourense, residen na nosa cidade chegando a considerarse ourensás. É o caso de Carmucha Vázquez Prats que naceu en Pontevedra no ano 1934. Seu pai, xefe de estación, foi destinado a Benavente e toda a familia residiría nesta cidade. Dende moi nova comeza a pintar. Foi discípula de Luciano Cárcamo. De novo en Ourense, Carmucha foi profesora adxunta da Escola Normal de Ourense, do instituto Otero Pedrayo e o Intituto Blanco Amor.
A primeira exposición foi en 1958 e no 1959 concédenlle o Premio de Pintura na Exposición Provincial da Obra Sindical "Educación y Descanso". Polo premio foi a Madrid e entrou en contacto con interesantes artistas como Cossio, Elena Frances, etc.
Realizou a súa primeira exposición individual no ano 1962 e foi felicitada incluso por Vicente Risco que a animou a continuar pintando. A partir de entón, comeza a realizar numerosas exposicións destacando a de 1966 en Bruselas na Sala de Artes "Lambermont". Era a primeira vez que expuña unha galega.




Podemos dicir que Carmucha forma parte da orensanía.
Fotos: idem.
El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano XXXVIII Número 18634 - 1962 maio 3