Etiquetas

25 mayo 2012

RAQUEL ÁLVAREZ DELGADO

Naceu en marzo de 1894 en Ribadavia. En 1912, aos 18 anos,  ingresou no Instituto Provincial de Ourense onde estudará por libre durante tres cursos, ata o ano 1914. Posteriormente solicita traslado á Escola Normal de Pontevedra.

Estamos de novo ante unha muller que nos comezos de século quere continuar a súa formación académica e, polo tanto, debemos recoñecer a súa decisión e valentía xa que, como é sabido, a sociedade e a mentalidade non contribuía a que as mulleres quixeran exercer unha profesión.

En efecto, Raquel exerceu de mestra pero faleceu prontamente en outubro de 1953.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese de Doutoramento, versión CD, publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.