Naceu en Vilagarcía de Arousa o 3 de xullo de 1914. Era filla de Pedro Abad Abalo, comerciante e director da Revista Villagarcía Comercial, e de María Ameijeiras Rey. Era irmá de Rosa Abad .
Estivo matriculada no Instituto ourensán durante dous cursos e logo solicitou traslado ao Instituto de Pontevedra onda acadou a titulación en 1930 con brillantes cualificacións.
No ano 1931 aparece rexistrada por oficial na facultade de Dereito de Santiago, sendo unha das poucas que escolle estes estudos, xa que o habitual era facer Filosofía ou Farmacia. Permanece seis cursos pero non os fai de forma consecutiva xa que fixo primeiro cinco cursos entre o ano 1931 ao 36 e o último ano faino entre 1938-39. En 1936 obtivo unha pensión de 1500 pesetas por parte da Fundación Figueiroa de Pontevedra. Licénciase en xuño de 1939.
Casa en outubro de 1940 na igrexa de Santa Cruz de Lamas en Moraña co médico Elías Mareque Fariña.
Faleceu en Pontevedra en 2007, tiña 93 anos.