Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
Naceu en Reádegos, Vilamarín. Morreu o sete de agosto de 1937 por fractura da columna vertebral. A causa da súa morte foi por tortura cando a levaron ao "paseo".