Casou e emigrou a Bilbao e tivo catro fillos. Alí coñeceu a Dolores Ibárruri e comezou a vincularse coa loita obreira o que a levou a afiliarse ao Partido Comunista. Cando o seu home faleceu dun accidente laboralnos Altos Fornos, regresou a Ourense e foi vivir a San Mamede, en Viana do Bolo, de onde era o seu home. Neste lugar comezaron a chamala a "Pasionaria". Foi unha salientable oradora e organizadora sindical. Era responsable do Partido Comunista en España na comarca do Bolo. En 1932 dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril da liña A Gudiña e Vilar de Barrio. Chegada a guerra foi secuestrada polos Falanxistas de zona de Verín e tras torturala foi asasinada cun tiro na cabeza na curva de As Revendeitas o 20 de agosto de 1936, tiña 38 anos. De alí a uns días un irmán recuperou o cadaver e enterrouna no cemiterio de O Castro.
Vid: Gran Enciclopedia Gallega, tomo 37; http://www.vitimas.nomesevoces.net/; Memoria Democrática.