Os seus pais chamábanse Pilar Domínguez Castro e Manuel Gallego Lamas que eran comerciantes e tiñan unha tenda de tecidos na rúa Barrera número 5[2]. Era a irmá de Pilar, Luís e Manolo Gallego. Tiña sete anos cando a súa nai faleceu o día 6 de febreiro de 1931, e os seus irmáns tamén eran moi nenos e a familia decidiu que foran vivir á casa dunha tía, a irmá da súa nai chamada Corona Domínguez e que estaba casada cun curmán do pai.
Rematada a Carreira, a Olga entusiasmáballe o mundo dos libros e a investigación e segundo dixo: “El interés por la paleografia y el conocer a Ferro Couselo hicieron que me identificase con el mundo de los archivos y que viese que quería dedicarme a ellos"[4] . E comezou a preparar as oposicións para Arquivos acadando a praza en 1955 no Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos. A partir de entón comezou a traballar na Biblioteca Provincial de Ourense[5]. Posteriormente ocupou o cargo no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, un posto que lle permitiu estar preto de publicacións antigas, de facer catalogacións pero sobre todo investigar. Olga escapaba, deste xeito, dos propósitos que a sociedade viña marcando para as mulleres. Ela quería estudar, quería investigar e dedicou toda a súa vida a estas facetas.
No ano 1958 recibe o cargo de Dirección dos Servizos de Arquivos e Bibliotecas de Vigo[6]. Trasladouse a Vigo e alí desenvolveu unha intensa actividade pois levou adiante a instalación e o bo funcionamento da biblioteca do Instituto Santa Irene, a Municipal Jaime Solá e da Fundación Penzol. Tamén asesorou a que instalou a Caixa de Aforros. Foi tan interesante os eu labor que algúns destes centros chegou a deteriorarse progresivamente cando ela veu de novo a Ourense en 1965[7]. Outro paso máis na carreira de Olga foi o nomeamento en 1969 para dirixir o Arquivo Histórico Provincial e Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense sucedendo a Ferro, unha das persoas coas que tivo unha importante e interesante relación intelectual. Olga xa tiña un grande recoñecemento na cidade. A profesionalidade para levar os cargos, a súa dilixencia e saber facer facían que fose un referente no ámbito cultural e intelectual da cidade. Por iso, en 1975, vai ser nomeada Directora do Museo Arqueolóxico Municipal[8].
Foi pioneira na arquivística pero tiña claro que non debía limitarse a unha mera recompilación de documentos, para ela un Arquivo debía ser algo máis por iso colaborou estreitamente co Museo Arqueolóxico e entrou a formar parte do Grupo Marcelo Macías en 1971 no que ocuparía o cargo de Secretaria ata 1975 e de Presidenta durante vinte anos, desde 1990 ao 2010. O grupo creárase en 1942 polos máis insignes intelectuais ourensás como Cuevillas, Ferro Couselo, Risco, Xocas e Vázquez Varela. O obxectivo principal era o fomento do Museo a través da publicación periódica Boletín Auriense na que se recollían traballos de investigación histórica-arqueolóxica. Olga achegaría interesantísimos estudos ao Boletín Auriense sobre familias nobiliarias ourensás, sobre aspectos artísticos, xurídicos, educativos, administrativos, sobre historias locais… Foi sacando á luz numerosos aspectos da historia da nosa cidade e provincia. Unha longa enumeración na que se pon de relevo a capacidade de traballo da nosa ilustre arquiveira. Traballos de investigación que requirían unha grande exhaustividade e elevado grao de autoesixencia. As investigacións rigorosas de Olga levárona a ser correspondente da Real Academia da Historia desde 1980, e tamén da Real Academia Galega a partir do 15 de novembro de 1986 a proposta de Manuel Chamoso Lamas, Francisco Ogando Vázquez e Francisco Xavier Río Barja. O discurso que pronunciou no solemne acto de académico titulábase: “As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime”. Sería a segunda muller en formar parte desta magna institución despois de Francisca Herrera Garrido que fora nomeada en 1945 pero non chegou a ocupar o sillón.
Olga contaba na provincia e Galicia cun grande recoñecemento social e profesional e era unha asidua asistente aos eventos culturais e intelectuais como invitada destacada e preferente, entre os máis salientables, os actos da Real Academia que tiveron lugar no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, por exemplo, cando se nomeou membro da mesma a Carlos Casares en 1978.
Chegados os anos noventa, presidirá a Asociación de Arquiveiros, museólogos e documenalistas, foi vogal da Fundación Penzol, un patronato creado en 1963 por Fernández del Riego e Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres co fin de preservar o legado de Fermín Fernández Penzol-Labandera e crear un centro de estudos galegos[12].
Chegados os anos noventa, presidirá a Asociación de Arquiveiros, museólogos e documenalistas, foi vogal da Fundación Penzol, un patronato creado en 1963 por Fernández del Riego e Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres co fin de preservar o legado de Fermín Fernández Penzol-Labandera e crear un centro de estudos galegos[12].
Fotografía dos membros da Fundación Penzol
en 1998
A Fundación Otero Pedrayo que ten como obxectivo manter na memoria a un dos patriarcas galegos, Ramón Otero Pedrayo, tamén contou entre os seus máis insignes membros con Olga Gallego.
Todo o que tiña que ver coa reconstrución histórica galega tiña que contar con Olga Gallego pois, tal como indica Pedro López Gómez no Album de Mulleres do Consello da Cultura Galega: “era brillante na xestión administrativa, na docencia arquivística e na investigación documental e histórica, sen desatender, coma tantas outras mulleres, o fogar do que foi cabeza. Laboriosidade, ética profesional e cidadá foron os modos en que desenvolveu as súas actividades” [13].
Todo o que tiña que ver coa reconstrución histórica galega tiña que contar con Olga Gallego pois, tal como indica Pedro López Gómez no Album de Mulleres do Consello da Cultura Galega: “era brillante na xestión administrativa, na docencia arquivística e na investigación documental e histórica, sen desatender, coma tantas outras mulleres, o fogar do que foi cabeza. Laboriosidade, ética profesional e cidadá foron os modos en que desenvolveu as súas actividades” [13].
Todo recoñecemento é meritorio cando se fai tanto pola cultura e Olga así fixo dentro dunha notable discreción e sentido de humildade. Era incansable no traballo e ávida da curiosade histórica, e non temía en adentrarse en temáticas históricas de grande embergadura, temas nos que a muller tamén sería protagonista, pois como ela dicía “A muller no Antigo Réxime non
tivo historia”. Publicou o libro “Historia da muller. Mulleres ourensás dos séculos XIV e XVIII” un estudo inédito que é froito dunha investigación escrupulosa e detallista no que se reconstrúen e relatan historias individuais das mulleres deses séculos. Ofrece un amplo espectro das mulleres ourensás pois están as fidalgas, as burguesas, a vexadas, as protagonistas, as prostitutas, as beatas…e como dixo Xulio Rodríguez: “Latexa
unha realidade que fai referencia a unha vida, a unha supervivencia”. É,
polo tanto, un estudo pioneiro polo punto de vista desde o que aborda. Un libro
do que dixo Carme Adán “o libro é
importante porque a historia non adoita escribir con nomes de mulleres” e
referíndose a autora: “é un referente para
as mulleres galegas”[14].
Olga foi exemplo e mestra de arquiveiros. Efectivamente, ademais de investigadora tamén foi docente entre 1988 e 1990 na Escola Taller do Arquivo do Reino de Galicia onde formaría a futuros arquiveiros e bibliotecarios no valor e a importancia de preservar as fontes arquivísticas para a reconstrución da historia e sobre todo, para a historia de Galicia, algo que Olga sempre defendeu.
Olga faleceu en Ourense o día 4 de setembro de 2010, cando tiña 87 anos. Deixounos as súas letras, os seus libros, as súas investigación sobre as terras ourensás, todo feito coa humildade desde ese “silencio” da investigación.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Cortés Alonso, Vicenta (coord..) Olga Gallego, arquiveira, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia,
2006.
Gallego Domínguez, Olga, Historia da
muller. Mulleres ourensás dos séculos
XIV-XVIII, Ourense, Grupo Marcelo Macías, 2008.
Fernández Aparicio, Javier “Cuestiones y estado previo a la ordenación del
archivo personal de Hoyos Sáinz”, Anales del Museo Nacional de Antropologia: Nos-Otros: Número V - 1998
Martínez Tamuxe, X.: “Gallego Domínguez, Olga”, en
Gran Enciclopedia Gallega. Gijón: Silverio Cañada, ed., D.P. 1974, p. 100.
[1] Olga Gallego foi proposta por persoas e
institucións diversas da cidade de Ourense como a Fundación Olga Gallego, a
Asociación de Viúvas María Andrea, a
Asociación de profesionais de Arquivos , Bibliotecas, Museos e Centros de
Documentación de Galicia, a Asociación
Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miiño, o Grupo Municipal Socialista do
Concello de Ourense para que unha das rúas levase o seu nome.
[2] La
Región, 4 de abril 1911.
[3] El Correo gallego, 30 de maio 1946.
[4] Xosé Manuel Pereiro “Olga Gallego Domínguez”
El
País, http://culturagalega.gal/album/detalleextra.php?id=4561consultado
o 26 de abril de 2020.
[5] La Noche 13
de decembro 1956.
[6] La Noche 4
de decembro de 1958.
[7] Begoña M. “El primer problema de las
bibliotecas viguesas. La falta de personal cualificado”, El Pueblo gallego, 8 de febreiro de 1979.
[8] El Pueblo gallego, 4 de maio de 1975.
[9] El Pueblo gallego, 9 de novembro de 1976.
[10] Vid: Javier Fernández Aparicio, “Cuestiones
y estado previo a la ordenación del archivo personal de Hoyos Sáinz”, Anales del
Museo Nacional de Antropologia:
Nos-Otros: Número V - 1998
[11] Isaac Otero “Archivos de Galicia” El Pueblo
gallego, 31 de marzo de 1978; Isaac
Otero, “Instalaciones en Galicia”, El
Pueblo gallego, 2 de abril de 1978.
[13] Pedro López Gómez, “Olga Gallego Domínguez” http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1079
consultado o 26 de abril de 2020.
[14] L.R. “Un libro de Olga Gallego recopila
historias de la mujer ourensana entre el XIV y el XVIII”, https://www.laregion.es/articulo/ourense/libro-olga-gallego-recopila-historias-mujer-ourensana-xiv-y-xviii/20080608093402054709.html
consultado o 26 de abril de
2020.