Etiquetas

29 septiembre 2012

MARIA BENITA CASTRO SÁNCHEZ

Naceu en Gomesende o 30 de abril de 1922. A súa nai era mestra. Despois de estudar o bacharelato, aos 17 anos matricúlase por oficial na carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Segundo consta nos expedientes, fai tan só un curso o que nos leva a pensar que houbo abandono dos estudos, algo, lamentablemente, bastante habitual no caso das mulleres debido a cuestións socioeconómicas e tamén por matrimonio. Pero non podemos esquecer que os intentos, aínda que truncados,  tamén son logros sociais para as  mulleres.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense 1900-1930, tese de doutoramento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario