Etiquetas

28 marzo 2009

GRUPO FEMININO DE OURENSE (SECCIÓN DO PARTIDO GALEGUISTA)

Nos anos trinta haberá mulleres ourensás como Xosefina Bustamante dona de O. Pedrayo, Emillia Blanco de Monjardín, Milagros Rodríguez dona de Cuevillas, Celia Bouzas de Peña, Xoana Somoza de G. Salgado, Isabel Algarra de Ramón, María del Socorro R. De Guede, María do Carmo Fernández dona de Risco, Mercedes Docampo, Felisa María Morais, María Teresa Cortón, Carmela Salgado, Catalina López Cid, Mercedes López Cid, Manuela Ventura, Rosa Docampo, Carmen G.Rodríguez, Pura González, Marina Peña, Esther Peña, Maruxa G.Quiroga, Victoria González Quiroga e Maruxa G.Gándara, que constituirían dentro do Partido Galeguista O Grupo Feminino de Ourense, actuando Celia Bouza e Mercedes Docampo como presidenta e secretaria respectivamente. 

Todas elas asinarán un manifesto expondo as súas razóns pero, aínda que as súas interpelacións sobre o papel que debería xogar a muller galega ante o devir da Terra eran moi interesantes, a óptica era moi tradicional, pois concedíalle á muller o deber de ser depositaria e gardiana da tradición (similar ao punto de vista defendido pola igrexa). Así mesmo, daban relevancia ao papel da muller como educadora dos/as seus/súas fillos/as e como auxiliadora dos seus homes. 

Este manifesto tivo transcendencia e eco en Galicia pois foi publicado tanto no periódico independente de Lalín, Razón, como en A Nosa Terra. Para o periódico Razón a calidade do texto merecíalle o seguinte exordio:

Se oxe (sic) se levantara Napoleón, xa non podería decir como n´aquel tempo, que as mulleres solo sirven para remandalo-s calcetis; as mulleres d´oxe tanto figuran no foro, como nas letras, como nas crenzas, como nas artes; a muller d´oxe en día, tan pronto atende os traballos d´o fogar como se pon o frente d´un exército en defensa d´a Terra que a veu nacer; a muller d´oxe en día danos os homes un exemplo moi grande que non debemos votar no olvido. Vede, senón, ese manifesto que un grupo de distinguidas mulleres ourensás, vos pon deante chamándovos a todal-as mulleres a unión. Fixádevos ven e cavilade un pouco, xa veredes como, acabando por convencervos d´a realidade, acabaredes por acudir o chamamento d´esas compañeiras vosas que merecen o respeto, a ademiración i-o recoñecemento de tod-os vos galegos”[1]

O manifesto publicado íntegro nos dous xornais dicía textualmente o seguinte: 

“Niste momento en que Galicia háchase (sic) máis necesitada que nunca de agarimo e de todos os esforzos dos seus fillos, pra defensa dos seus dereitos descoñecidos e feridos de toda sorte, coidamos que é cando a muller galega, chamada á vida púbrica (sic) por imperativos dos tempos que corre, e por a natureza ha ser no lugar a conservadora das tradicións dos nosos maiores e a educadora dos galegos de manan, debe coller decididamente o posto que lle corresponde. Enrolándonos baixo da bandeira de Galicia, pra defendermos o que nos e mais achegado e mais querido imos aportar a nosa vontade o noso entusiasmo á terra dos que queren erguer a Patria galega á cultura e dinidade de que é meritoria...Coma mulleres e como galegas, a nosa misión ten que ser de paz e de afirmanza. En ben da nosa Terra, chamamos á concordia e á unión a tódolos fillos de Galicia, pra unha obra de construcción e de vida, non pra unha laboura negativa e destructora. Chamamos ao voso corazón de fillas e de nais; pola lembranza dos antergos e polo porvir dos nosos fillos; pol-o noso fogar, pol-a nosa tradición, pol-a nosa cultura, pol-a nosa fala...”[2]  

Este manifesto foi motivo de loubanza xa que supuña unha iniciativa atrevida por parte das mulleres que reivindicaban unha achega ao pobo e á patria. Vexamos como na prensa El Pueblo Gallego as eloxiaba

(Fonte: El Pueblo gallego, 29 de xullo de 1933, p. 1) Galiciana.

As mulleres galeguistas ourensás comezan a participar activamente nos asuntos do partido sendo acollidas con grande afecto dentro do Partido. Na asemblea extraordinaria celebrada o 21 de outubro de 1933 en Ourense para proclamar aos candidatos ás eleccións de novembro e que, por certo, durou ata as sete da mañá, o grupo feminino foi recibido cunha grande ovación[3]

Tamén o grupo feminino do Partido, encabezadas por Celia, acudiu á III Asemblea Nacional que se celebrou en xaneiro de 1934 en Ourense no local da rúa Luís Espada, número 24, que viña a ser a consulta do doutor Peña Rey. (logo esa rúa pasou a chamarse Alejandro Outeiriño).

(Fonte. La Región, 24 de outubro de 1933. ) Galiciana.

Ademais o GF celebraba as súas propias xuntas que adoitaban ser na rúa Luís Espada, número 21 de Ourense. Nelas abordaban asuntos da directiva e elección da mesma, tamén falaban da conveniencia de participar en Asembleas do PG así como das propostas para levar…etc. 

Decidiron enviar unha delegación do GF á III Asemblea Nacional do PG que se celebrou en xaneiro de 1934 en Ourense no local da rúa Luís Espada número 24 e o grupo de mulleres foi recibido cunha intensa ovación e co respecto da concorrencia[4].

(Fonte: La Región, 1 de outubro de 1933.) Galiciana

(Fonte: La Región, 11 de xaneiro de 1934.) Galiciana

Na Asamblea tomou a palabra Mercedes Docampo e con contundencia dixo: “Si non triunfamos agora, deixaremos a semente que recollerán os nosos fillos n´unha Galicia millor”[5]. Acudiron á asemblea en Santiago no abril de 1935 e o acollemento non podía ser máis eloxioso: “N-este intre entra no salón unha numerosa excursión de Ourense ao frente da que veñem varias rapazas do grupo femenino ourensán. A asamblea ponse em pé e tribútalles unha longa ovación..”[6].

Eran mulleres que avogaban polo compromiso da cultura, en por iso, tamén foron as que promoveron que se puxera unha placa conmemorativa a Filomena Dato.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
[1] “As mulleres galegas”, Razón, Periódico independiente, Lalín, nº. 2, 3-8-1933 en RODRÍGUEZ GALDO, Mª Xosé (coord.), Textos para a Historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1999, pp. 575-576.
[2] “Exemplos”, A Nosa Terra, 6-8-1933, pp. 1-2.
[3] “Partido Galleguista”, La Región, 24 de outubro de 1933.
[4] La Región, 11 de xaneiro de 1934.
[5] III Asamblea, El Pueblo Gallego, 17 de xaneiro de 1934.
[6] IV Assembleia do Partido Galeguista”, A Nosa Terra, 28 de xaneiro de 1934, p. 1.

PILAR ABELLA


Pilar Abella foi durante moitos anos profesora especializada en Pedagoxía terapéutica e talvez as técnicas empregadas na comunicación cos seus alumnos, cheas de imaxinación na maioría dos casos e utilizando o debuxo e a cor como medio fundamental de expresión, son o antecedente máis inmediato da actual pintora. Por iso a obra de Pilar Abella esta chea de expresividade e de mensaxe; para ela, a pintura, é un medio de comunicación, a través do cal nos mostra todo o seu mundo interior. Formada tecnicamente en escolas de Arte de Madrid, onde accedeu a clases de pintura en escolas privadas e oficiais, nas que se impartían distintas tendencias plásticas e pictóricas. Céntrase fundamentalmente nos grandes mestres do Impresionismo: Monet, Manet, Van Gogh, Saura, Chagal, Soutine,etc. Asómase ao mundo das exposicións na súa cidade natal, Ourense, en Galicia e en diversos puntos de España. Viaxa a París. Viaxe e estancia de estudo intenso. Contacta con grandes personalidades do mundo da arte: Fernando Arrabalde, Jack Vanarsky, Isabel Echarri, etc. Os comezos de Pilar Abella no mundo da pintura remóntanse ás primeiras imaxes e sensacións que percibe na súa nenez e, iso é así, a pesar de que as súas primeiras obras non se plasmaron até hai soamente uns anos; por iso é polo que exista a falsa crenza de que nos atopamos ante unha pintora de vocación tardía. Soamente se nos referimos ao feito de pintar de forma, digamos profesional, pode resultar certa esa crenza; pero Pili debuxo e pinto desde os seus comezos na escola. Atopámonos cunha pintora que esencialmente pinta sentimentos; sentimentos que lle saen ?a granel? da súa alma e así se explica a súa pintura, pola suma de sensacións e vivencias interiores que, desde nena, foi acumulando até a actualidade e que, chegado un momento, rompen no seu interior cunha forza incontrolable que desemboca nunha primeira manifestación da súa pintura. Logo foi a técnica adquirida e o profundo estudo o que explica o nivel alcanzado. Así, do impacto que o mar causou na súa alma. Ese mar da infancia acompañará a Pilar Abella ao longo de toda a súa vida e forma parte esencial da súa obra, con esas barcas amarradas polas súas cordas ao fondo do mar e con todas as cores e tonalidades que nos podamos imaxinar. Esa nostalxia melancólica explica tamén as súas innumerables evocacións aos temas como as feiras e os carruseis que lembran, sen ningún xénero de dúbida, a súa infancia, cos seus numerosos irmáns, nas contornas da Alameda e do Xardín do Posío en Ourense.

ANISIA MIRANDA


Naceu en Ciego de Avila (Cuba) o 30 de decembro de 1932. É filla de emigrantes ourensáns. Estudiou Maxisterio e Xornalismo na Habana. Por razóns familiais, no 1953 trasladouse cos pais a Bos Aires. Alí ampliou os seus estudios, e coñeceu a Xosé Neira Vilas. Casaron en 1957, ano no que fundaron "Follas Novas". Distribuidora do libro galego en América, que dempois foi tamén editorial. Dende o principio vencellouse á cultura galega. Asistiu as clases patrocinadas pala Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA) que dictaban Ramón de Valenzuela, Xeografia Galega; Alberto Vilanova, Historia de Galicia; Rafael Dieste, Literatura Galega; Eduardo Blanco Amor, Idioma Galego; Antonio Baltar, Economía de Galicia. Traduciu ó galego poemas de autores latinoamericanos: José Martí, Rubén Darío, Amado Nervo, e ó norteamericano Walt Whitman. Todas foron aparecendo en publicacións galegas de Bos Aires. Voltou a Cuba co seu home, en 1961. Traballou con Alejo Carpentier na redacción da revista "Pueblo y cultura", e mais tarde como coordinadora nacional de edicións de libros para nenos e adolescentes, ademais de levar a administración da editorial por un tempo. Desempeñouse como xefa de redacción do semanario infantil "Pionero". Foi cofundadora e xefa de redacción das revistas para nenos "Zunzun" e "Bijirita". Colaborou en varias publicacións periódicas, dirixiu un programa de radio, actuou como xurado en diversos concursos. No eido da creación literaria é autora de obras de poesía, narrativa, teatro, viaxes e biografía. En teatro e narrativa obtivo importantes premios en Cuba, entre os que salientan tres premios "La Edad de Oro", teatro para nenos e adolescentes; e o Premio Nacional "Ismaelillo" de la Unión de Escritores e Artistas de Cuba. Dalgúns dos seus libros lévanse publicados centos de milleiros de exemplares, en Cuba. Parte da súa obra está traducida ao eslovaco. Ten a medalla Raul Gómez García da Unión de Escritores e Artistas de Cuba.Tamén ten a medalla poIa Cultura Nacional, do Ministerio de Cultura de Cuba. Foille conferida a medalla Ho Chi Minh e a Orden da Amizade otorgada polo Consello de Ministros de Viet Nam, polo seu traballo de solidariedade con aquel país. En 1992 radicouse co seu marido en Galicia. É vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas.

TERESA ARMAS GAGO

A poeta e narradora Teresa Armas Gago naceu circunstancialmente en Santander no 1959, vivíu case toda a súa vida non Barco de Valdeorras, con pequenos intervalos de estancia en Madrid, Oviedo e Avilés. Teresa Armas presentara a súa primeira novela, titulada 'Samaná', na Casa da Cultura de Llanes en abril de 2004. O libro ten a súa orixe nunha viaxe que realizou á República Dominicana en 1983, aínda que concluíu a obra en 1995. O seu contacto máis fecundo coa literatura realizouno a través da poesía, xénero ao que chegou da man da súa curmá, a poetisa galega Carmen Gago Florenti. De feito, a maior parte da súa obra atópase publicada en libros recompilatorios editados polo Instituto de Estudos Valdeorreses, entidade cultural con sede na localidade ourensá do Barco de Valdeorras. Teresa Armas era unha escritora intimista, en verso e tema libre, que se enfrontou ás estrofas á idade de doce anos, cando estudaba no instituto de Llanes. Dous libros seus de poemas titulados “De ayer y de hoy” e “El corazón en la mano” permanecen inéditos. Na súa época xuvenil proclamouse vencedora nun concurso de redacción a nivel rexional. Faleceu en Llanes aos 48 anos.

27 marzo 2009

MARÍA LUZ VILLAR OTÓN

Mariluz Villar Otón naceu en Madrid en 1937. Muller polifacética da que destacamos que é actriz, escritora e periodista. Instalada en Galicia, Mariluz cofundará en Santiago a Agrupación Teatral Ditea co que realizou numerosas representacións exitosas e da que era a primeira actriz[1]. Creábase así unha agrupación teatral de carácter innovador, contemporáneo e de vangarda, achegando ventos frescos en tempos da ditadura. Destácanse as obras representadas: “Milagro”[2] de Nicolás Manzari e Adolfo Lozano, unha bella obra teatral de grande calidade tanto polo texto como pola poesía que trasmitía. Ademáis empregaba técnicas cinematográficas nunha trama complexa. Mariluz desenvolveu un papel encomiable e insuperable na representación[3]. Outra das obras emblemáticas foi “El hospital de los locos”, unha obra en verso que entrañaba grande dificultade para os intérpretes pero onde Mariluz Villar brilou con luz propia: “la atriz Mariluz Villar toda sensibilidad y poesía que traspasó al público las congojas espirituales del Alma”[4]. As obras nas que participaba Mariluz como primeira actriz eran cada vez máis esixentes. Tamén representaron na Praza da Quintana o Auto Sacramental “ El Pleito Matrimonial del cuerpo y del Alma” de Calderón de la Barca onde Mariluz, no papel de Alma, fixo unha xenial interpretación e contribuiu notablemente ao éxito obtido[5].

            A Compañía Ditea atrevíase con textos que propiciaba a “incomodidade” do espectador ao sometelo a unha seria reflexión da existencia. Representaron con grande éxito a obra “En la Red”  de Alfonso Sastre, un drama da condición humana onde o protagonista que se atopaba encerrado nunha habitación recibindo efectos escénicos auditivos creaba un ambiente de patetismo. Mariluz Villar representou o seu papel con grande veteranía sendo recoñecido polo público que aplaudiu prolongadamente[6].
la Noche, 23 de xuño de 1962
La Noche, 5 de febreiro de 1966

            A compañía de Mariluz, Ditea, tiña un traballo continuado. Representou unha grande cantidade de obras e tras unha obra viña outra: “Deja que los perros ladren”; “La Siega”; “Entre bobos anda el juego”; “Pedro Telonario”; “La Locura de don Juan”; “Asia”; “El obrero de la providencia”; “La Herencia”[7]ao que lle hai que engadir os recitativos musicais de versos onde Mariluz demostraba a súa faceta tímbrica musical[8]. Formaba parte do elenco de actores de Ditea, na súa maioría universitarios, Luís Rodríguez Míguez con quen Mariluz casaría o 16 de maio de 1965. Mariluz entregábase en cada interpretación e comezou moi pronto a ser recoñecida e a ser merecedora de premios e galardóns. En 1966 no II Certame de Teatro Nuevo concedéronlle o premio á mellor actriz principal a Mariluz Villar[9]. Recibirá tamén a máscara de ouro de Lugo e Hércules de Plata de A Coruña e, en 1990, o primeiro premio no I Certame de teatro Rexional de Galicia[10].
            
            Pero a nosa polifacética Mariluz tamén tivo un relevante papel como directora teatral e nos anos noventa comezou a dirixir interesante obras. Atreveuse con autores tan relevantes como Pedro Calderón de la Barca levando a cabo a montaxe da obra “Pleito matrimonial del alma y del cuerpo”. A súa autoesixencia levábaa a facer un estudo rigoroso da obra para posteriormente dirixir a un gran elenco de intérpretes. Un afán perfeccionista que a levaba a facer un estudo exhaustivo do propio vestiario xa que é un elemento primordial nunha montaxe teatral[11].  A obra representouse nos teatros ourensáns como o antigo Teatro Losada e o Teatro Principal, obtendo moito éxito. Deste xeito, Mariluz Villar  consagraríase como unha importante directora de teatro sendo en Ourense un importante referente. Creará en 1984 o Estudo de Artes Escénicas cuxas oficinas estaban na rúa Xoan XXIII, 14 e colaborou con importantes agrupacións teatrais como o Centro Dramático Galego.
            A literatura foi outro eido que traballou Mariluz. Xunto con Jesús Rial publicou unha antoloxía de poemas de diferentes tendencias e técnicas titulado “Cauce desnudo”[12]. Mariluz levou ao campo da poesía as tendencias máis modernas como un xeito de espertar a unha sociedade que estaba subsumida nunha ditadura pechada e con falta de iniciativas. Para ela a misión da poesía era o dinamismo, a reflexión, o cambio, a transformación…Mariluz céntrase nunha poesía transcendente que alude á existencia, á insolidariedade, as relación sociais…
la Noche, 30 de xullo de 1966       
Hoja Oficial del Lunes, 8 de decembro de 1975.

            Pero a nosa ilustre muller tiña unha voz declamativa o que lle abriu as portas doutra das súas grandes paixóns, a radio. Comeza traballando na Radio Galicia. En 1978 trasládase a Ourense e comeza traballando na Radio Cope e logo na SER. Nos medios radiofónicos atópase cómoda realizando interesantes entrevistas. De aí pasou a colaboradora na prensa escrita e era habitual ler as súas colaboracións chegas de reflexións no Faro de Vigo, La Voz de Galicia e principalmente La Región. Pero seguiu publicando libros como “Ruega por nosotras” publicando en 2020; “27 cuentos para despertar” publicado no 2004 e “Con acento humano” publicado no 2011.
            En Ourense residiu moitos anos co seu tamén ilustre marido, o médico experto en termalismo e profesor universitario, don Luís Rodríguez Míguez, con quen tivo unha filla, Alejandra Juno, muller cunha grande formación. É licenciada en Historia e en Periodismo e na actualidade adentrouse no mundo da interpretación e da literatura, sen dúbida, vocacións herdadas da súa nai.
            Mariluz, unha muller sensible, unha muller viaxada, unha intelectual e unha grande traballadora. Non naceu en Ourense pero fixo desta cidade a súa vida. Aquí rendéronlle merecidos homenaxes moitos sectores culturais e periodísticos pola súa traxectoria e integridade.



[1] “Mariluz Villar” en https://es.wikipedia.org/wiki/Mariluz_Villar_Ot%C3%B3n  consultado o 23 de marzo de 2020.
[2] La Noche, 12 de decembro de 1960.
[3] “Presentación de Ditea con el drama Milagro” La Noche, 17 de decembro de 1960.
[4] “Reposición de “El Hospital de los  locos” por Ditea en la Quintana”, La Noche, 29 de xullo de 1961.
[5] “Auto Sacramental en la Quintana” La Noche, 22 de xuño 1962.
[6] “Ditea” La Noche, 5 de decembro de 1962.
[7] Luis Santamaría, “Carta a Fray Félix Lope de Vega” La Noche, 15 de xuño de 1963; “Ditea puso en escena Deja que los perros ladren” La Noche, 4 de maio de  1963; La Noche, 12 de novembro de 1966; La Noche, 24 de novembro de 1967; La Noche, decembro de 1959.
[8] Toda esta traxectoria foi recollida pola súa filla nu libro: Alejandra Juno, Cuando Compostela subió el telón, (A Coruña, Alvarellos, 2014)
[9] Manuel de Sanhernan, Hoja Oficial del Lunes, 29 de agosto de 1966.
[10] “Mariluz Villar”, https://es.wikipedia.org/wiki/Mariluz_Villar_Ot%C3%B3n consultado o 23 de marzo de 2020.
[11] “Estudio de Artes Escénicas” Anuario teatral : 1991-1992
[12] “Dos maneras distintas de entender la misión poética” Hoja Oficial del Lunes, 8 decembro 1975.


MANUELA SOTO NICOLÁS

Naceu en Hannover (Alemaña) de pais galegos. Estudou violín, piano e canto no Conservatorio Profesional de Ourense e no Superior de Madrid, trasladándose posteriormente a Stuttgart, cunha bolsa da Fundación Segundo Gil Dávila, Banco de España, Comunidade de Madrid, Ministerio de Cultura e a Universidade Alexander von Humboldt, para cursar estudos superiores e de posgrao na Staatliche Hochschute für Musik und Darstellende Kunst co profesor H. Lips. nas especialidades de lied alemán, ópera, música vocal contemporánea e pedagoxía musical Dalcroze. Participou na produción de óperas diversas. Paralelamente ao seu labor operístico, exerce a docencia en Stuttgart como profesora de Canto. Tivo importantes galardóns.

DORA VÁZQUEZ IGLESIAS


Dora Vázquez Iglesias nace en Ourense o 21 de agosto de 1913. Dos seis aos trece anos estuda na Coruña onde reside, máis tarde, aos dezasete anos, comeza a estudar maxisterio na Escola Normal de Ourense, para exercer en Teimende, Ourense, durante 18 anos e en Lalín, A Coruña, durante 15. Comeza a publicar desde moza en publicacións como A Noite en 1948, Vida Galega, Vagalume, Céltica.
Escribe tamén en Maxisterio español, e en Escola española escribe relatos e contos infantís. Traballou para a radio no programa "Sempre en Galicia" e en RNE na Coruña en Emisión Bazar. 
É irmá da tamén escritora Pura Vázquez con quen publicou varios libros. 
Casa con Antonio Rodríguez Vázquez e teñen dous fillos, Antonio Afasto e Abelardo. 
En 1963 recibe o 2º Accesit Xogos Florais de Ourense por "Canto a la ciudad de Orense". A Primeira Mención Honorífica por teatro infantil, "En busca de un corazón" no II Concurso de teatro e literatura do Ministerio de Educación e Ciencia, Madrid 1971. En 1974 o Terceiro Premio Poesía Infantil "Caballito Repintado" Madrid Escola Española e o Primeiro Premio no I Certame de Panxoliñas de Valdeorras e o Bierzo por "Luces en Belén nacidas". Faleceu o 24 de setembro de 2010.
Obra:
Autobiografía-memorias. Orense: Diputación Provincial de Ourense. Biografía. As pontes do amor. Novela. Personalidade e obra de Pondal, 1960. Ensayo. Ganadora del Premio Casa de Galicia de Montevideo 1960 Palma y Corona (historias santas). Madrid: Escuela Española, 1964. Cuentos. Caminos de Plata y Sol. Orense: Comercial, 1966 Un poema cada mes. Orense: La Región, 1969. Poesía. Irmá. Orense: La Región, 1970. Poesía. Los poetas, 1971 Bergantiñá. Orense: La Región, 1971. Novela. Tres cadros de teatro galego. Orense: La Región, 1973. Teatro. Monicreques. Orense: La Región, 1974. Teatro. Oriolos neneiros. Orense: La Región, 1975. Poesía. Campo e mar aberto. Lugo: Celta, 1975 Duas novelas galegas. Orense: La Región, 1978. Novela. Cascabel, o cabaliño do circo, 1979. Cuento. Ganadora del IX Premio O Facho 1976 Fantasías infantiles. Orense: La Región, 1980. Teatro. Ronseles. Orense: La Región, 1980. Teatro. Viaxe o país dos contos e da poesía. Orense: Caja de Ahorros Provincial de Ourense, 1985 Oración junto al camino. Madrid: Rondas, 1985. Poesía. A xeito de antoloxía. Orense: Gráficas Gutenberg, 1992. Poesía. Mulleres amadas por grandes homes. Sada: Ediciós do Castro, 1993 Soñando con Ourense. Orense: Ayuntamiento de Ourense, 1995 Oración junto al camino. Orense: Gráficas Gutenberg, 1995. Poesía.

22 marzo 2009

PURA VÁZQUEZ IGLESIAS


A nena rebuldeira e algo tímida que foi Pura Vázquez naceu en Ourense nun marzal de 1918. Filla dun traballador de Correos e dunha ama de casa, a cuarta de cinco irmáns, axiña comezará a se desprazar polo mundo: o seu primeiro destino será A Coruña, a onde os pais se trasladan na procura dunhas mellores condicións económicas. A febleza da súa saúde manifestarase prematuramente: con dous anos enferma de tifus e está a piques de perder a vida. A Pura xa adolescente, de volta en Ourense, goza cos contos, coa palabra escrita que le (ás veces ás agochadas), mais tamén coa que crea ela mesma. Pura accede a Andersen, a Grimm, a Selma Lagerlöf e igualmente o fai á tríada do Rexurdimento, a Lamas e a Noriega, que coñece grazas aos libros do pai. Con 15 anos, escribe a súa primeira novela curta, La esposa niña, hoxe inédita e seguramente perdida. A figura paterna apoia á futura escritora no seu gusto polas letras e por esa época agasállalle a súa primeira máquina de escribir. No instituto, Otero Pedrayo ocúpase de orientar as súas primeiras publicacións, que verían a luz na revista La Zarpa.Cando estoupa a Guerra Civil, Pura conta con 18 anos. Ao seu pai, socialista, trasládano para A Guarda e alí é detido e levado a prisión, onde pasará tres anos. O seu mozo Sindo, tamén socialista, sofre así mesmo as consecuencias da contenda fatricida. Cando sae da cadea, decide marchar á fronte. Morrerá na Batalla do Ebro deixando desolada a unha Pura que se sostén, xunto coa súa avoa, nai e irmá Dora co soldo de mestra desta última. Ao pouco tempo, a escritora decidirá dedicarse profesionalmente á docencia. Tras unha breve experiencia en Galicia como mestra, é destinada a unha vila de Segovia, na que leva a existencia tranquila que lle permite seguir escribindo. Nestes anos dá o prelo o que será unha das súas primeiras obras: En torno a la voz: poemas (anteriormente, os compañeiros do mozo falecido xa lle publicaran un libro breve con poemas seus, en edición reducida). Por problemas de saúde, trasládana a Madrid, onde entra en contacto coas elites culturais da capital (alí coñece, entre moitos outros, a Carmen Conde, Baroja, Cela) e comeza a publicar, aos poucos, na maioría das revistas poéticas españolas do momento. Nesta época, igualmente, principia a súa actividade no eido da literatura infantil.O seu gusto pola viaxe e pola aventura e o seu carácter curioso lévana en 1955 a viaxar a Venezuela na procura dun futuro mellor. A xornada en que Pura parte do peirao de Vigo dirección a diáspora, diferentes intelectuais galegos (entre os que se atopaban Fernández del Riego, Piñeiro e García Sabell) despiden á autora. Xa na diáspora, entra a traballar no parvulario do máis moderno centro educativo de Caracas. De aí, grazas ás súas colaboracións na revista da petroleira Shell, pasa a ser a secretaria da Escola de Humanidades. Mais a actividade crítica e literaria da ourensá non cesa: namentres continúa colaborando con publicacións españolas, comeza a participar tamén nas venezolanas (especialmente con poesía infantil). Igualmente, en Caracas, en moitas ocasións a través do Centro Galego da cidade, onde terá un programa cultural, coñecerá aos persoeiros máis diversos. Celso Emilio Ferreiro, Fidel Castro e Pablo Neruda son algúns deles.Cinco anos despois da súa partida, volve a Madrid, onde ficará dous anos. Neste tempo continúa ocupada coa literatura, coa novidade de que comeza a crear cancións. Curiosamente, unha delas, "Réplica", presentarase ao VI Festival de la Canción Mediterránea. En 1962, a autora decide viaxar por segunda vez a Venezuela. Nesta ocasión, traballa de secretaria na Reaseguradora Nacional. Aínda que é a viaxe na que mellor se atopa no país, dado que conta con círculos de coñecidos xa establecidos, dous anos máis tarde retorna de novo a Galicia e a Madrid. Porén, pouco despois de volver da terra adoptiva, Pura arela regresar a ela, polo que axiña o fai. De novo en Caracas, a súa ocupación esta vez será a de arquiveira de fotografías no Instituto de Cooperación Educativa. Non obstante, o tempo venezolano vese crebado ao sufrir a autora un asalto na rúa que a mantén atemorizada durante un tempo considerable e que lle fai tomar a decisión de volver definitivamente ao Estado Español. Era o ano 1969.De volta na Península, o seu primeiro destino é a vila de Marchena (Sevilla), onde gaña unha praza como mestra. Un ano despois, o seu lugar é de novo, Madrid, onde ficará durante dúas décadas. A publicación, sobre todo, de obras destinadas ao público infantil, en colaboración coa súa irmá Dora, será constante nestes anos, así como tamén o relacionamento coas xentes do mundo cultural madrileño. Nesta etapa, a autora escribirá tamén a súa única novela longa: Os Aldán foron a América. Tamén en Madrid, no colexio onde ensina, Pura coñece ao mestre Manuel Batanero Almazán, co que casa o 16 de febreiro de 1975. O matrimonio será feliz, aínda que se verá turbado polas constantes doenzas do home (un ano e medio despois da voda sufrirá un infarto e logo padecerá o cancro que acabará coa súa vida en febreiro de 1985).Pouco despois do falecemento de Manuel, Pura retorna definivamente a Galicia e durante uns seis anos, por primeira vez dende que fora iniciada, a súa actividade creativa cesa. Porén, a partir de 1992 comeza a enviar de novo artigos a xornais e, nese ano, o seu obradoiro literario volve rexistrar un traballo continúo, imparábel, centrado na súa obra en galego. Nesa data compón Man que escribiu no mar, Anos de navegar, Desmemoriado río e Se digo Ourense, que sairán do prelo, agás este último, tirado no mesmo 1992, en anos vindeiros. No terreo do persoal, a autora consegue, nestes comezos da década dos noventa, superar a mesma enfermidade que sufrira o marido para seguir creando, aínda que con altibaixos na súa saúde. En 1996 aproveita unha convalecencia para escribir as súas memorias, Terra matria dos soños, que se publicarán en 1999. Tras recibir algunhas homenaxes, especialmente na cidade natal, cunha obra en galego que se revalorizará nos seus últimos anos de vida e que aínda non foi estudada en toda a súa profundidade, Pura Vázquez morreu no seu fogar de Ourense o 25 de xullo de 2006.OBRA1943 Peregrino de amor, poesía en castellano y en gallego, Larache (Marrocos).1944 Márgenes veladas, Ourense, La Región.1948 En torno a la voz: poemas, Ourense, Imprenta y papelería Otero,1951 Desde la niebla, Segovia, Casa de Antonio Machado.1951 Madrugada fronda, Madrid, Imprenta Méndez.1952 Columpio de Luna y Sol, Madrid, Boris Bureba.1952 Íntimas, Lugo, Xistral.1952 Tiempo mío, Madrid, Nueva Imprenta Radio.1955 Maturidade, Buenos Aires, Ediciones Galicia del Centro Gallego.1956 Mañana del amor, Barcelona, Surco.1959 13 poemas a mi sombra, Caracas, Editorial Arte.1963 A saudade e outros poemas, Vigo, Galaxia.1968 Rondas de norte a sur: poesía infantil, Ourense, Caja de Ahorros Provincial.1971 O desacougo, Vigo, Galaxia.1971 Los poetas, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, Ayuntamiento. 1974 Monicreques: teatro infantil galego, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, La Región.1974 Los sueños desandados, Bilbao, Cla.1975 Pura e Dora, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, La Región.1975 Oriolos neneiros, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, La Región.1978 Dúas novelas galegas, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, La Región.1980 Fantasías infantiles: cuentos-teatro, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, La Región.1980 Ronseles: catro pezas de teatro infantil galego, Ourense, La Región.1985 Viaxe ao país dos contos e da poesía: poemas e contos para os nenos, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, Caixa Ourense.1985 Contacto humano del recuerdo: poemas , Barcelona, Rondas.1990 Antología: (poesía en castellano): 1944-1985, Ourense, Gutemberg.1991 Antoloxía: poesía galega: 1952-1971, Ourense, Gutemberg.1992 Verbas na edra do vento, Sada (A Coruña), Edicións do Castro.1992 Zodíaco: poesía bilingüe, Ourense, Gutember, 1993 Ardente identidade, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.1993 Man que escribiu no mar, Ourense, Gutemberg.1994 A carón de min: nova antoloxía poética, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.1994 Se digo Ourense, Ourense, Concello.1995 Orballa en tempo lento, A Coruña, Espiral Maior.1995 Poesía de Pura Vázquez, Ourense, Caixa Ourense.1996 Os Aldán foron a América, Ourense, Deputación Provincial.1997 Desmemoriado río, A Coruña, Espiral Maior.1998 Herida soledad hacia lo alto, Ediciones Torremozas, Madrid.1999 Terra matria dos soños, Abano Editores, Ourense.2000 Teatro completo para nenos, (obra conxunta con Dora Vázquez), Ourense, Abano.2001 Náufragos da elexía, Poio (Pontevedra), Litoral das Rías.2001 O mundo máxico das ideas, Ourense, Gutemberg.2002 O frade era galego e outros relatos, Sada (A Coruña), Edicións do Castro.2002 Sempre irmá. Poesía en ton menor, Ourense, autoedición.2002 A música dos tempos: poemas, Ourense, Gutemberg.2004 Todo ven desa luz: poemas galegos , Ourense, Deputación Provincial.

JESUSA PRADO LÓPEZ

(Entrada publicada no libro O rueiro que queremos feminino e plural.)
Jesusa Prado López naceu en Ourense no ano 1897 e foi unha activista que loitou contra o fascismo e defendeu o socialismo.
         Jesusa naceu no seo dunha familia comerciante. O seu pai rexentaba unha peletería en Ourense, negocio que montou despois de fabricar calzado[i]. O pai defendía ideas socialistas e Jesusa foi adquirindo pouco a pouco ese mesmo ideal. Foi nena precoz pois comezou a ler aos catro anos e, despois da primaria, fixo os estudos de secundaria no Instituto Provincial da capital.
            A familia emigrou a Cuba en 1911, cando Jesusa tiña catorce anos. Son os anos de emigración transoceánica previos á primeira guerra mundial, un período de saída masiva de emigrantes con destino aos países de Sudamérica[ii]. Serán os protagonistas da emigración andoriña da que falaba Vicente Risco, composta por aqueles galegos que atravesaban o mar e que rara vez voltaban[iii].
            Chegados a Cuba os pais de Jesusa foron afíns ás ideas socialistas o que lle traería grandes desgustos pois chegaron a queimarlle a casa provocando a morte de dous irmáns de Jesusa. Os obreiros da fábrica de ladrillos onde comezara a traballar o pai adoitaban facer asembleas e Jesusa  acudía a elas xa que, dende moi nova, abrazaba ideas revolucionarias.
            Ao morrer o pai, Jesusa comeza a traballar na tinturería Lindsay, coñecida en España co cualificativo de “Americana” e que tiña varios negocios abertos en diferentes cidades españolas[iv]. Pero a vocación de Jesusa era escribir sobre política, poesía, literatura, arte...Unha muller dunha enorme amplitude intelectual.
            Coñecerá a un galego ourensán de Paderne de Allariz, tamén emigrante en Cuba, chamado Donato Figueiral Quintas e casan en 1920. Os dous teñen ideas socialistas e a súa casa convértese nun lugar onde se reunirán galegos. Cada vez é maior o convencemento de  Jesusa polas ideas revolucionarias e marxistas.
            Volve a Galiza en 1926 cun médico e dous obreiros e en Ourense vai cimentar as primeiras organizacións do Partido Comunista desempeñando cargos de responsabilidade local e provincial. Ela rexentará na cidade a “Tintorería Alemana” e era coñecida como a “plisadora”, pero deixou de traballar nela en novembro de 1934[v]. As ideas de Jesusa cobran realidade e materialízanse cando ela vai participar nas revoltas obreiras de Asturias de 1934.  Foi apresada e librouse da cadea pero non da represión xa que tivo que permanecer na súa casa sen saír ata as eleccións de 1936.
            Cando se produciu o levantamento militar en 1936, Jesusa botouse á rúa e sumouse á revolta dos obreiros que pedían armas para combater o fascismo. Desta vez foi detida e maltratada e encadeada no Convento de Celanova. Estaba condenada a pena capital pero ao fin foi trasladada á prisión de Ribadavia.
            Afortunadamente, o cónsul de Cuba en Vigo recibe a carta certificada enviada por Donato Figueiral desde Cuba co documento da nacionalidade cubana de Jesusa. Grazas a isto, puido embarcarase en Lisboa para volver a Cuba.
            De volta a Habana, Jesusa mantén a súa inquedanza revolucionaria. Montará unha nova tinturería chamada “El buen gusto”.  Pero seguiu a loita para axudar aos antifranquistas presos ou fuxidos e tamén encabezar e apoiar o movemento obreiro e revolucionario cubano. Todo isto fíxoo desde o Partido e desde as Asociacións da colonia na Habana.
Comeza a ser respectada pola comunidade galega en Cuba e coa revolución de Fidel Castro cede o seu negocio ao Estado. Logo foi fundadora dos Comités de Defensa Revolucionaria. Coñeceu a Ernesto Che Guevara que lle dá a misión de actuar como mestra no círculo de estudos que el dirixía. Tamén coñeceu a“Pasionaria”, Dolores Ibarruri, cando foi invitada a Habana en 1963 e tamén tería ocasión de coñecer a Santiago Carrillo. Deste xeito, Jesusa era considerada unha muller moi respectada polos máis altos cargos do partido Comunista.
            Pero a súa vida en loita non lle saíu gratuíta pois a súa saúde sufriuno. Jesusa padeceu varios infartos e decidiu xubilarse en 1967. Pero a senda política non a abandonou.
            Jesusa faleceu en La habana o 15 de abril de 1971. O seu enterro foi unha gran mostra e manifestación de dor dos “camaradas e amigos”. O féretro ía envolto na bandeira vermella do Partido Comunista de España e como dixo o Camarada Jérez, membro do comité executivo do partido, “Os restos da camarada Jesusa descansan na irmán (sic) terra cubana que moito amaba. Pero estamos certos que Jesusa morreu pensando na nosa Galicia pola liberación da cal loitou toda a súa vida. Na nosa lingua, que Jesusa non deixou de falar endexamais, queremos expresar o noso sentimento e a nosa tristura pola desaparición de tan veterana e adnegada militante...¡Que descanse en paz a nosa camarada  Jesusa Prado”[vi].

“Á memoria de Jesusa Prado”, A voz do pobo ¡Proletarios de todol-os países unídevos”, 25 de maio de 1971.




 Mundo Obrero : Órgano del Comité Central del Partido Comunista de España: Año XLI Número 12 - 1971 junio 15

A continuación reproduzo parte dunha reportaxe asinada por Manuel Carnero dedicada a Jesusa Prado:

Jesusa Prado era, sobre todo, eso, una revolucionaria y en nuestra ´peoca el más alto grado del revolucionario es ser comunista. Jesusa Prado era, y de ello se honra el Partido, miembro del Partido Comunista de España y envuelta en su bandera fue a la tumba.

Es bueno y provechoso, cuando muere un camarada entrañable, hacer balance de su vida, para tomar ejemplo y transmitirlo a otros lo más valioso, lo más aleccionador. En la vida de Jesusa hay mucho de lección y de enseñanza.

Nació en Orense, el 20 de noviembr de 1897. Su padre, Ramón, era dirigente socialista, obrero de la industria del calzado, que reiteradamente pasaba temporadas en la cárce. Su madre, Rosa, era campesina. Esta confluencia de orígenes determinó en Jesusa sus sentimientos y sus afanes.
El padre tuvo que instalar un pequeño cinchal de zapatería, pues la presión policíaca le impedía trabajar en las fábricas del giro. Y en ese chinchal, mientras Ramón daba forma, con su maestría artesana, a zapatos o botas se reunían obreros de distintos oficios que inquirían de él opinión y orientación sobre los más palpitantes problemas de la actualidad de aquellos días del inicio del siglo.
Colaboradora con su padre en esa obra era Jesusa, con sus pocos años de edad. De inteligencia precoz, y aunque pareza extraño, ella, a esa edad temprana leía en alta voz en los periódicos, artículos o noticias, que se comentaban en la tertulia obrera del tallercito de Ramón.

Era difícil en aquella época la vida en la Galicia que ha dado sus mejores hijos para la emigración. Se iban cerrando las posibilidades y la persecución se acrecía. En 1910 Ramón emigra a Cuba con la única compañía de Jesusa que tenía que abandonar su tierra a los 13 años. Más tarde se unieron al nuevo hogar la madre y dos hijos más.

El movimiento obrero cubano, incipiente, estaba bajo la influencia anarco sindicalista. Los gallego trabajaban fundamentalmente en el alcantarillado de la Habana. la dirección era anarquista. Jesusa recordaba las reuniones que se celebraban en el paradero de los cocheros del Vedado. Fue su bautismo de lucha una Asmablea, la primera a que ella asistió en compañía de su padre. También recordaba Jesusa las reuniones de los tabaqueros en donde el predominio era igualmente anarquista.
Ramón murió de cáncer, Jesusa tenía entonteces 16 años.

Jesusa, huérfana, tuvo que empezar a  trabajar para ayudar al sustento de la familia. Conoció la primera explotación en la Tintorería Lyndsay en el Cerro. Allí trabajaban como modistas dos hermanas de José Martí, con las que Jesusa trabó gran amistad....

Pero la gran pasión de esta gallega que se forjó culturalmente sola, era la escritura. Escribía sobre todo, sobre política, literatura, arte y también versos. Una vez, en época de persecución en Cuba poco antes de regresar a España, la familia le quemó un baúl de artículos y poesía. Era infatigable para esa tarea y estamos seguros que en los armarios y baúles de su casa se encontrarán muestras felices de su ingenio y de su afán político.

(Jesusa con Santiago Carrillo e o seu fillo Donato)

En 1920 se casó con Donato Figueral, cubano, hijo de españoles, que se había educado en España. Era cochero de caballos y su unión con Jesusa era entrañable no sólo por el amor, sino por la consideración justa que tenía de la capaciad superior de la mujer que le acompañaba en la vida. En la década del 20 la casa de Jesusa y de Donato era una especie de consulado gallego. Si a la casa del padre en el Orense natal acudían los obreros a recibir orientación y consejo, a la casa de Jesusa en la Habana acudían, con el mismo fin, los paisanos que habían tenido que abandonar la tierra amada.

En 1925 marca el momento del encuentro de Jesusa con las ideas comunistas. Es curioso que en ese momento fuese para oponerse a ellas en encidada polémica. Todavía estaba influenciada por el anarcosindicalismo y en alguna ocasión recordaba que entonces escribió y recibió respuesta en ardiente diálogo público con dos grandes figuras de las ideas marxistas en Cuba, con las que más adelante tuvo firme amistad: Juan Marinello y Gustavo Aldereguía.

Jesusa era inteligente y afanosa en la búsqueda de las soluciones más certeras. No era fácil, y esa era su características predominante, que dijese a todo que sí. Sólo lo decía cuando le convencía plenamente de que era justo. Las ideas marxistas fueron penetrando en ella poco a poco, así insensiblemente. Quizás ni ella misma supiese el momento en que la influencia anarquista dejó paso a las ideas de Marx y de Lenin. Pero esas ideas fructificaron rápidamente.

A finales de 1933 sale de Cuba, con su hija Solita, para España. En el mismo barco van dirigentes comunistas, de origen español que son expulsados hacia la tierra que los vio nacer. Solita recuerda ese viaje en que esos comunistas las trataban como si fuesen de su propia familia.

En 1934 se desarrollan en España grandes luchas que culminan con la huelga revolucionaria de Asturas. En ese año, Jesusa Prado entra a formar parte de la gran familia comunista. Es el paso decisivo de su vida. Desde ese entonces esta gallega es miembro y miembro bien activo del partido Comunista de España. A ese Partido, a la propagación de sus ideas, a la defensa de su línea política y de su unidad dedica el resto de su vida.

En Orense, recordando sus tiempos de Lyndsay pone un negocio de tintorería. Pero militante del Partido Comunista, dedica a él, a su organización, a la propagación de sus ideas lo fundamental de su actividad. A raíz de la huelga de Asturias, es detenida. Llevó a la cárcel a su hija Solita. Sale en libertad en agosto de 1935. Casi un año de prisión. En estos tiempos llega a España su marido. Su libertad no fue total. No la dejoron incorporarse a su tintorería que estaba situada frente al Instituto de Orense. En realidad su casa fue su prisión hasta las elecciones de 1936. En la puerta de ese domicilio siempre había un policía. Las autoridades reaccionarias temían a la audacia y al trabajo propagandístico y organizador de esta gallega singular.

Cóntase na reportaxe que Jesusa tiña un gran afán de aprender e cando estivo en liberdade trabou amizade cun alemán antifascista que fuxira de Alemaña e con el aprendeu o alemán achegándose máis a Heine e a Marx. Seguen contando:

El júbilo que a Jesusa le produjo la victoria del 16 de febrero de 1936 que le había otorgado libertad de movimientos y de acción, la impulsó a un mayor trabajo en el seno de las organizaciones del Partido. Llega el día fatal de julio en que los generales se sublevan contra el pueblo. Jesusa se lanza a la calle. Arenga al pueblo para la lucha a muerte contra el fascismo. Acude, al frente de los obreros, al gobierno civil para pedir armas. Como en tantos otros sitios la máxima autoridad republicana tiene más miedo al pueblo que a los sublevados. Las armas no son entregadas. Solita recuerda aquella jornada terrible. Ella iba con su madre. El ejército se lanzó a la calle. Hubo muchos disparos y bastantes muertos. Jesusa fue detenida.

Jesusa podía haber esquivado esa detención. Algunos amigos, al producirse la sublevación le aconsejaron que se refugiase en el consulado cubano de Vigo. Pero ella se negó. Quería estar con su pueblo, con los camaradas de su Partido, en esos momentos decisivos para la historia de la patria.

Fue encerrada en la cárcel de Celanova. Eran los días...de las sacas y de los fusilamientos sin juicio. Ese destino se la había marcado a Jesusa. Pero el encargado de cumplir la orden no lo hizo y la llevó a la cárcel de Ribadavia.

En Galicia se recuerda todavía esta etapa de la vida de nuestra camarada. En esos tres años de cárcel, siempre bajo la amenaza de la muerte, fue el alma de la prisión. Con sus pasión encendida era aliento organizador de las mujeres, mantenía su firmeza con el ejemplo de su fortaleza moral y política...
En noviembre de 1939 la policía española lleva a Jesusa hasta Valencia de Miño y la entrega a la policía portuguesa que la traslada a Lisboa. Su hija Solita va con ella. Llega a cuba, el 22 de diciembre de ese mismo año.

De su estancia en Cuba, desde entonces hasta este día aciago de su muerte, 15 de abril de 1971, podría escribirse un libro. Trabajó con los pescadores en los viveros. Trabajó en las organizaciones gallegas, en las que logró sólido prestigio. Trabó contacto con los primeros dirigentes comunistas exiliados que arribaron a estas costas, Santiago Álvarez y Luís Delage. Con ellos participó en la organización de los grupos de comunistas españoles en Cuba. participó activamente en todas las tareas solidarias. Fue factor decisivo en el movimiento gallego antifranquista...[vii]


[i]Nydia Sarabia, “Jesusa Prado. Jesusa e a memoria dun pobo”, http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=23, consultado o día 19 de marzo de 2020. Nesta biografía consta que Jesusa naceu en 1887 pero noutra fonte que eu consultei fala de que naceu en 1898VV.AA.: Repertorio bibliográfico do exílio galego: unha primeira achega, Santiago de Compostela, Arquivo da Emigración Galega, (2001).
[ii] Antonio Eiras Roel, “La emigración gallega a América en los siglos XIX y XX. Nueva panorámica revisada”, Aportaciones al estudio de la emigración gallega. Un enfoque comarcal,  Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, 1993, p. 191;
[iii] Vicente Risco, “Orense”, Francesc Carreras y Candi (dir), Geografía Xeral do Reino de Galicia, Tomo V, (Barcelona, Ed. Alberto Martín, 1928), 93.
[iv] La voz : diario gráfico de información: Año XVI Número 5910 - 1935 enero 9
[v] El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano XI Número 3310 - 1934 novembro 14.
[vi] “Á memoria de Jesusa Prado”, A voz do pobo ¡Proletarios de todol-os países unídevos”, 25 de maio de 1971.
[vii]Administración de Galicia. (2016). Galiciana: Arquivo Dixital de Galicia. Galiciana.gal. https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/

15 marzo 2009

CARMEN LEGIDO PASCUAL

Carmen Legido Pascual estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela e tamén aparece inscrita na facultade de Ciencias en 1917. Nacida o 19 de decembro de 1898 en Villarcayo, Burgos, e era filla de Don Ligorio, encargado de telégrafos que veu trasladado a Ourense e doña Hermina Pascual natural de Zamora. Carmen cursou estudos no Instituto Provincial ata conseguir, coa nota media de aprobado, o título de bacharelato. 

Ingresa na facultade de Farmacia aos 19 anos e obtén, despois de cursar os cinco anos por oficial, a titulación cunha cualificación notable. Acada o título de Farmacia en 1923 e recibirá os eloxios na prensa pois obtivo dous premios no último curso. 

Nuesttro colega El Noroeste, diario de la Coruña, publica en su número de ayer un admirable trabajo literario, dedicado á tributar merecido homenaje a la bella señorita orensana María del Carmen Legido Pascual, que en el presente curso se ha licenciado en la Facultad de Farmacia de Santiago.

El trabajo de que se trata, es una ponderada defensa de la mujer que, afanosa de saber, estudia, y una recompensa moral a la virtud constante y estoica de dicha señorita, muy conocida aquí, en Compostela, por su ameno trato y simpatía personal, y á quien rendimos todo respeto y la más sincera felicitación.[1]

Lamentablemente falecerá moi nova, aquí en Ourense, o 2 de setembro de 1926.

[1] El Compostelano, 17 de agosto 1923, p. 2.
Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156
Foto: Vida Gallega, xaneiro, nº 100, 1918.
Vida Gallega, nº 229, xullo 1923.