Etiquetas

01 marzo 2009

BLANCA CALVO MORAZA

Mestra de ensinanza primaria que naceu en Ourense. Os pais eran Juan Calvo e Protasia Moraza que rexentaban un comercio na Praza Maior, 22 (información que nos ofrece Rafa Salgado).
Blanca compaxinou o seu labor docente coa de escritora. Preocupada polas obras sociais de cultura popular, pola defensa dos máis pobres e humildes e, sobre todo, pola muller solicitando para ela unha cultura e unha educación. Sobre estes temas escribía en diversos xornais como o de Galicia publicado en Vigo; El Heraldo; El Compostelano; A Nosa Terra... Foi a impulsora da Escola Obreira en Ourense destinada ás mulleres adultas para que se alfabetizaran e adquiriran coñecementos e cultura. Así mesmo, tivo o cargo de concellala no concello de Ourense e era a súa palabra moi ben considerada e moi respectada na cidade.
Tamén escribíu pezas dramáticas que logo eran representadas nos centros educativos que ela dirixíu, como a Escola Obreira Inmaculada Concepción en Ourense. Entre esas pezas destacan: Escuela de la vida, trátase dunha comedia publicada en La Zarpa e estrenada en 1924. Blanca Calvo faleceu en xaneiro de 1940.
Para saber máis ver: Cid Galante, Rosa María, "A Escola Obreira Inmaculada Concepción" http://www.edu.xunta.gal/eduga/1826/nosa-escola/escola-obreira-inmaculada-concepcion
Couceiro Freijomil, Antonio, DBBE, Santiago, 1951. Marco, Aurora, As precursoras, A Coruña, A Voz de Galicia, 1993, pp. 177-179.
Foto: Vida Gallega, nº 255, xullo 1924.

Ver tamén a entrada no blog no que se inclúe un texto escrito por Blanca Calvo en La Región onde fai unha defensa da educación da muller.






“Blanca Calvo. Ilustre pedagoga y literata, directora del grupo escolar obrero femenino, institución de gran importancia cultural para las clases trabajadoras al frente de la cual ha obtenido grandes éxitos y realiza una meritísima y altruísta labor” (Vida gallega : ilustración regional, Nº  523, 10 de xuño 1932)

No hay comentarios:

Publicar un comentario