Etiquetas

23 febrero 2025

AS MULLERES QUE FORON OBXECTO DE DILIXENCIAS INCAUTATORIAS


A incautación de bens foi unha das medidas de presión e castigo cara aquelas persoas que foran membros de partido, dirixentes políticos, simpatizantes ou contrarias ao Movemento Nacional. Iso supuña facer un balance das súas pertenzas e apropiarse delas coa finalidade sometelos e sumilos nunha situación de extrema pobreza. Para tal obra creáronse os Xulgados Especiais de Incautación habendo un por cada provincia. Tratábase dun Xulgado Militar Especial de Incautacións e Confiscacións que ían recompilando por partidos xudiciais a lista das persoas ás que se lles confiscaban os bens e os motivos de dito proceder.

Nos listados que se enviaban había tamén referencia a un importante número de mulleres ourensás que se citan a continuación:

ERUNDINA GONZÁLEZ VÁZQEZ , de Carballeda de Ribadavia. Confíscanselle os bens por ser contraria ao Movemento Nacional.

ISOLINA VÁQUEZ GÓMEZ, de Seoane, Ribadavia. Confíscanlle os bens por ser contraria ao Movemento Nacional.

CARMEN FERNÁNDEZ, de Corzos, Barco de Valdeorras. Confíscanlle os bens por ser comunista.

CARLOTA FERREIRA de Viana do Bolo. Confíscanlle os bens por ser comunista.

LUÍSA VILA BARROS de Viana do Bolo. Confíscanlle os bens por simpatizante comunista.

ENCARNACIÓN CORTIJO DIZ de Moreira, Beariz, Carballiño. Confíscanlle os bens por ser contraria ao Movemento.

Vid: Relación de nomes extraída de: AHPOU. Dilixencias Incautatorias instruídas (Partido xudicial de Allariz, Bande, Barco, Carballiño, Celanova. Caixa 7201/01; 7201/02; 7201/03/; 7201/04; 7201/05).