Etiquetas

07 julio 2024

ESTRELLA QUINTELA LÓPEZ

Estrella era de Ourense e residía na rúa Cisneros, nº 3 no cuarto piso. Era enfermeira e estaba casada con Carracedo e tiñan unha filla que se chamaba Marosa Carracedo Quintela que casou con Antonio Rodríguez Fonseca.

En 1932 ofertárose catro plazas de interinidade de enfermería no Hospital Provincial de Ourense. Para cubrilas convocouse un concurso e unha delas  foille adxudicada a Estrela, conseguindo as outras Antonio de la Iglesia, Ramón Vázquez e Esperanza Álvarez Rodríguez.

Nos anos da guerra Estrela foi  considerada socialista polo novo réxime represor e por iso foi despedida do seu emprego o 24 de setembro de 1936. Finalmente foi destituída e inhabilitada. 

Pero uns anos despois foi xulgada en xuño de 1939 acusada de haber provocado un aborto. A sentencia dicía o seguinte:

En la causa procedente del Juzgado de Orense por aborto y homicidio por imprudencia se ha dictado sentencia absolviendo a Ramón Fernández Quintela y condenando a Dolores Álvarez Caramé, como cómplice de un delito de aborto a 200 pesetas de multa y con arresto sustitutivo a rarzón de 16 pesetas por día, y a Estrella Quintela López, como autora de dicho delito a la pena de dos años de presidio menor e indemnización ambas de diez mil pesetas a los herederos de la víctima.(1).

David Simón, sempre atento a colaborar e facilitarme información envioume esta imaxe na que se recolle a destitución oficial das enfermeiras o día 24 de setembro de 1936. 

(Fonte: Arquivo Histórico Provincial de Ourense.)

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes)
(1) La Región, 3 de xuño de 1939, p. 7.
Vid. La Región, 12 de abril de 1932, p. 8Galicia, 12 de decembro de 1933, p. 3; La Región ,1 de xullo de 1937, p. 4; La Región, 1 de setembro de 1971, p. 4.La Región, 5 de novembro de 1971, p. 4; A navalla suíza - http://anavallasuiza.com. (2024). Estrella Quintela López - Nomes e Voces. Nomesevoces.net. http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4831/; SIMÓN LORDA, DAVID, Locura, medicina y sociedad en Ourense, (1875-1975), Xunta de Galicia, Fundación Cabaleiro Goás, 2005.