Naceu en Ourense en 1905 e era filla de Emilio Lobit García, conservador espadista que foi concellal en Ourense, e de Jesusa Fernández. María tiña varios irmáns que eran Justa (casada con Alejandro Páramo Guitián, falecida en xuño de 1930), Concha (casada con José Taboada Ramos), José (oficial do corpo de prisións), Antonio (este falecido en 1913), Alberto (telegrafista destinado en Vigo) e Manuel, este último era farmacéutico e faleceu en 1952. María xa era unha pianista destacada na Sociedade Económica de Santiago onde se examinou sacando sobresaliente en todos os exercicios.
María foi nomeada profesora interina de música para a Normal de Ourense en marzo de 1916. Permaneceu tan só un curso pois, ao ano seguinte, foi nomeada titular a profesora Araceli Ancochea. O seu mundo xiraba entorno á música e xa de nova formaba para de corais polo que depois, ademais de dar clases, tamén preparaba coros infantís de nenos e nenas cos que percorría a provincia cantando motetes. Era unha muller de profundas convicións relixiosas e formou parte da Xuventude Antoniana de Ourense, congregación da que foi "celadora". Tratábase dunha Confradía que se creou en 1928.
Faleceu en Ourense o día 30 de setembro de 1949. Unha morte prematura pois tan só contaba con 44 anos.
(Fonte: La Región, 1 de outubro de 1949, p. 2. Galiciana)
(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María, A Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970), Universidade de Vigo, Vigo, 2013; El magisterio español , 9 de marzo de 1916; Noticiero de Vigo, 21 de outubro de 1905 outubro 21, p. 2; El Diario de Pontevedra, 9 de marzo de 1916; El Ideal gallego, 19 de setembro de 1925, p. 4; La Región, 2 de novembro de 1913.