María formou parte da directiva de Acción Femenina Gallega e era unha militante devota que se implicaba nas asociacións con fins benéficos e altruístas, entre elas a Gota de Leche, fundada polo médico Lino Porto, da que era vogal, as Damas de la Buena Prensa e a Xunta da Cruz Vermella.
Foi unha das numerosas asinantes que solicitaron en outubro de 1914 da Deputación Provincial a necesidade de crear a Escola Normal para Mestras pois eran uns estudos idóneos para as mulleres ourensás. Foi entón, cando a institución alugou o edificio de Perfectino Vieitez na rúa do Progreso como centro a Normal de Mestras de Ourense.
Era unha muller de recoñecido prestixio no seu tempo, de feito, acompañou en outubro de 1937 a María Luísa Soto Fuentes, filla do gobernador militar e que ía de embaixadora da provincia de Ourense, a Zaragoza o día das forzas armadas.
Faleceu o 13 de novembro de 1968 e está enterrada no cemiterio de San Francisco de Ourense.
Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Castropol , 30 de marzo de 1909 Marzo 30, p. 6; La Región , 14 de outubro de 1914, p. 2; El Compostelano, 29 de xullo de 1937, p. 2; El pueblo gallego , 14 de outubro de 1939, p. 3; El pueblo gallego, 15 de outubro de 1937, p. 9; El pueblo gallego , 14 de novembro de 1968, p. 5.