En 1926 Olimpia comezou os estudos de bacharelato na academia dos irmás Xesta, na rúa Santo Domingo número 58, e logo foi alumna do Colexio Concepción Arenal onde participou das veladas literario-musicais que o centro organizaba interpretando o papel de Társila na obra "Tatarabuela" que se representou no centro en marzo de 1933. Rematou os estudos de bacharelato en 1935 obtendo resultados exitosos e levando premio en moitas das materias.
"Chega a vos a invitación cordial de Mocidade Galeguista n'ista folliña na que pomos o noso curazón e o noso entusiasmo refreisivo.
Temos a seguranza de atraguer, pol-o menos, vosas simpatias. Por mulleres mozas e por galegas habedes de lér e pensar iste chamamento, sin botalo lonxe, como un papeliño calquera.
N'ista confianza o escribimos. Non foi, non podía ser ispirado por circunstanzas do momento. U vivir, a aitividade, a paixón dos mozos galeguistas, alenta por motivos fondos, ispírase en ideales erguitos e fidalgos. Soio îles poden guiar a unha xuventude verdadeiramente galega. Ises mesmos sentimentos durmen en vos, mozas ourensans. Meditade n'eles un momento, e xa veredes coma deseguida o sentimento se convirte en deber, e a lediza de vos sentire galeguistas faivos vivire unha nova e entusiasta vida,
Mozas e mozos chegaramos á alborada do noso pórvir n´un momento único e dramático na historia do mundo e na historia da Galiza.
Estudantes e obreiros novos tcmos pra moi logo nas nosas mans o futuro da Patria. Mil cousas desaparecen dinnte os nosos ollos. Temos de adoitar posiciós pra nosa intervenzón na vida. En todos os aspetos d'ela, e tamén na maneira e feitura da cultura individual de cada un de nos. Pensando n'isto, noso chamamento ha parecervos oportuno. Ainda que fagomos política -unha política de ideales, de nobreta e de creación-, non nos diriximos as mozas de Ourense c'unha intenzión política. Galiza e sen future precisan de algo máis.
Nascimos n'unha Terra fermosa e rica. Herdamos unha Iingoa musical e rexa, ilustre e nova. N'ela, na vosa Iíngoa, mozas d´Ourense, escribiu Rosalía de Castro os versos mais belidos e saudosos que teñan frolecido en yalma de muller. Noso pobo galego traballou sempre heroicamentc pro tamén ten criado na súa lingoa, un arte, unha 1iteratura, un modo de pensare e sentire. 0 noso, o uneco que pode ser noso, de curazon. Relixioso, espritualista, artístico, o esprito de Galiza está ameazado por moitos nemigos. Son de moi diferentes clases. Hais todos tenden a desfaguer noso pasado, a afogar noso pórvir, a asesinare a yalma da Galiza.
Si meditades un pouco, temos a seguranza de recadar algo mais que a vosa simpatía: a vosa leal colaboración. Pois son os vosos os probleinas da Galiza. Porque soio traballando por crear unha Galiza basada nn tradición enxebre e armiñizada cas verdadeiras esenzas do mundo podemos agardar un futuro de paz, de erguemento espritoal, de xustiza, e de amor. Falando en galego, espallando o noso idioma, fagueredes obra de reivindicación, e poderedes alternare no mundo das ideas e da vida, sen a vergonza e o remordimento de vos sentir dominadas e servas. Loitando pol-o afirmamento da cultura e da tradición galega loitades pol-a eisaltación do esprito, pol-o trunfo da civilización ameazada. Organizándovos pra axudar e ilustrar ao pobo da Galiza fomentaredes a riqueza e a paz d'iste pobo que debía ser ditoso e fellz e non o é pol-a pouca concenza que de seu deber teñen os que debían axudalo e ilustrálo.
Istes son os nosos principios. A eles adicamos a forza e o pular da mocidade. Son xustos, espranzados, teñen dereito a ispirar a vida de Galiza. Han trunfare pra ben do mundo. Deben trunfare pois son os ditados da yalma d´un pobo. Para élo teñen de axudar as mulleres. Estramas mocidás, dirixidas por o mesmo anceio, han conquerir un proisimo futuro. Non dubidamos que a vosa concenza de mozas galegas ha deixar escoitar seus mandatos. Botade lonxe de vos os prexuizos que aínda lixan a nosa Patria galega. Formade na causa ideal. Fagamos can osa xenerosa mocidade, na nos alegría e traballo e espranza de mozas e mozos, as bases d´un provir fundado no amor, na cordialidade, na virtu do traballo honrado, no ergumento da Galiza d´unha vida alumeada pol-o sol da inmortalidade.
A hora é crítica. Galiza agarda. Non´a fagades sofrir mais tempo, mozas de Ourense"
"Guieiro", nº. 9, 1 de abril de 1936.