Abandona a carreira de
Publicidade para dedicarse ao mundo da interpretación. Así, comeza os seus
estudos de interpretación na famosa escola de Cristina Rota. A súa
carreira profesional comeza en 1992 no espazo La Noche de Hermida.
Logo de participar en varias
películas e series con pequenos papeis, converteríase nun rostro habitual da
pequena pantalla por mor de converterse nunha das protagonistas fixas da serie La
casa de los líos.
Logo desta serie viría o serial Esencia de
poder, a serie Paraíso. Posteriormente rodou películas como Pacto de
Brujas de
Javier Elorrieta ou El asombroso mundo de Borjamari. Pero o papel que a
devolvería á actualidade é o que interpreta en Hospital Central. Gañou o premio Mostra lambda xunto coa súa
compañeira de repartición, Fátima Baeza (Esther García Ruiz, na
serie), pola súa gran interpretación e traballo na magnífica serie Hospital
Central.
A súa parella é o director de
cine Daniel Calparsoro. Gañou dúas veces o Premio Shangay pola
súa interpretación de Maca en Hospital Central.
Na actualidade segue a traballar
en interesantes series de TV.
Vid: Wikipedia