(Elaboración propia)
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
25 marzo 2018
PURIFICACIÓN ROMERO TEJADA
Purificación nace en Ourense o 28 de marzo de 1911. No ano 1927, cando tiña 16 anos, inscríbese no Instituto Xeral e Técnico de Ourense para realizar os estudos de Maxisterio para titularse. Posteriormente exerceu a súa profesión como interina e substituta en varias escolas . En 1934 estaba en Muíños e en 1940 foille solicitada pola Xunta Provincial de Primeira Ensinanza unha documentación que avalase a súa boa conduta e ter feito o Servizo Social para seguir permanecendo nas listas e poder adxudicárselle unha praza xa que, segundo informou a Xunta, moitos interinos ían ser desprazados das súas escolas por mor de ter que adxudicar as súa prazas a mestres e mestras en propiedade que foron sancionados pola Comisión Depuradora. Deste xeito, Purificación presentou a documentación e continuou exercendo e en 1944 estaba na escola de Rairiz de Veiga, en 1960 foi para a de Boborás
Etiquetas:
Bachillera de comezos de século XX,
Docente,
Pioneiras,
R