Aos 11 anos, en 1922,
inscribiuse no Instituto de Ourense. Alí faría os seis cursos de bacharelato, o
primeiro pola opción libre os outros cinco pola opción oficial. Obtivo unhas
excelentes cualificacións, con vinte e un sobresalientes dos cales doce foron
con Premio. Acada a titulación de bachiller en 1928 e solicitou o Certificado
para a Universidade de Santiago. En 1929 matriculouse na facultade
de Filosofía e Letras. Fixo os catro cursos pola opción oficial e obtivo unhas
moi boas cualificacións con catro matrículas de honra, varios sobresalientes e
notables. Tamén acabou titulando en Maxisterio.
En 1933 trasladouse a Madrid para cumprimentar os estudos e foi bolseira na Residencia de Señoritas de Madrid.
(Fonte: El Ideal gallego, 25 outubro de 1933, p.8)
Estamos ante unha muller con inquedanzas profesionais e unha máis das nosas pioneiras. Joaquina era irmá de Pilar Rodríguez Caminero que tamén se contempla neste blog.
Joaquina exerceu como profesora no centro de estudos Padre Sarmiento dirixido por Ángel Martínez Doval. Estaba composto o claustro por recoñecidos profesores entre os que figuraban xunto con Joaquina, Manuela Cifré e Dolores Alonso Pereira.
(Fonte: La Región, 24 de setembro de 1943, p. 2. Galiciana)
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156; http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=211; El Pueblo gallego, 25 de outubro de 1935.