Patricia Losada Pérez naceu en Ourense no ano 1981 na
actualidade traballa na cidade de Hasselt como profesora da Universidade e
membro investigador do departamento de Termofísica da Universidade Católica de
Leuven (Lovaina) e do Instituto de
Materiais da Universidade de Hasselt.
En 1999 rematou os estudos no Colexio Zorelle e ese mesmo ano empezou a carreira de Física na
Facultade de Ciencias do campus provincial, que terminou con premio
extraordinario no ano 2004. En 2005 obtivo unha bolsa do Ministerio de
Educación para realizar un doutoramento en termodinámica durante o cal realizou
unha estancia na Universidade Católica de Lovaina.
En maio de 2009 doutorouse en Física e enseguida chegoulle
unha oportunidade laboral. Apenas dous meses despois a Universidade Católica de
Lovaina ofreceulle traballar no departamento de Termofísica como investigadora
posdoctoral.
Vid: La Voz de Galicia