Nace en Ourense, cidade en cuxo Conservatorio comeza os seus estudos musicais, trasladándose a Madrid para proseguir estudos de violín e Música de Cámara cos profesores Alfonso Ordieres, Juan Llinares e Maite Berrueta. Obtén o Título de Profesor Superior de Violín e a licenciatura de Dereito. Realizou cursos de perfeccionamento cos profesores Shalom Budeer, Corrado Romano, Vartan Manoogian, e estudos de posgrao con Marco Domini, Rolando Prusak e Chaschatur Kanajan. Realizou numerosos concertos de música de cámara e orquestral, formando parte de prestixiosas formacións como a Orquestra Nacional de España, Orquestra de Radiotelevisión Española, Orquestra Académica de Madrid... Foi bolseira de música por dous anos consecutivos da Real Academia de España en Roma (2002-2004), cun proxecto de investigación sobre o diálogo musical entre España e Italia no século XX. Actuou en países como Eslovaquia, República Checa, Francia, Italia ou Israel. A relación da música coas diversas disciplinas artísticas é unha constante na súa carreira, o que lle levou a participar en diferentes proxectos escénicos como o concerto-proxección "Músicas de lume" co violinista Marco Domini e o escenógrafo Tomás Muñoz (Roma 2003), en Riconoscimento dello Spazio co arquitecto mexicano Luciano Matus (Roma 2004) ou na obra de teatro "O canto do cisne" de Chejov, no papel da música, versionada e dirixida por Emilio do Val ( 2004-2006). Foi profesora no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela. Na actualidade vive en Berlín. Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
08 abril 2009
RAQUEL RIVERA
Nace en Ourense, cidade en cuxo Conservatorio comeza os seus estudos musicais, trasladándose a Madrid para proseguir estudos de violín e Música de Cámara cos profesores Alfonso Ordieres, Juan Llinares e Maite Berrueta. Obtén o Título de Profesor Superior de Violín e a licenciatura de Dereito. Realizou cursos de perfeccionamento cos profesores Shalom Budeer, Corrado Romano, Vartan Manoogian, e estudos de posgrao con Marco Domini, Rolando Prusak e Chaschatur Kanajan. Realizou numerosos concertos de música de cámara e orquestral, formando parte de prestixiosas formacións como a Orquestra Nacional de España, Orquestra de Radiotelevisión Española, Orquestra Académica de Madrid... Foi bolseira de música por dous anos consecutivos da Real Academia de España en Roma (2002-2004), cun proxecto de investigación sobre o diálogo musical entre España e Italia no século XX. Actuou en países como Eslovaquia, República Checa, Francia, Italia ou Israel. A relación da música coas diversas disciplinas artísticas é unha constante na súa carreira, o que lle levou a participar en diferentes proxectos escénicos como o concerto-proxección "Músicas de lume" co violinista Marco Domini e o escenógrafo Tomás Muñoz (Roma 2003), en Riconoscimento dello Spazio co arquitecto mexicano Luciano Matus (Roma 2004) ou na obra de teatro "O canto do cisne" de Chejov, no papel da música, versionada e dirixida por Emilio do Val ( 2004-2006). Foi profesora no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela. Na actualidade vive en Berlín.