Etiquetas

01 noviembre 2019

MARÍA AMOR ROLÁN

María Amor Rolán era unha muller que procedía de familia distinguida da cidade, de ideas conservadoras e moi tradicionais. María Amor Rolán foi concellala en Ourense durante os anos vinte e trinta. María Amor e Blanca Calvo eran as dúas únicas e primeiras mulleres que formaron parte da Corporación Municipal desde 1925, sendo alcalde Matías Bobillo. María Amor participou en actos diversos da cidade como representante municipal (festas, festivais, Certames, manifestacións...) e tamén propiciou a construción dun Asilo para nenos abandonados.
Tiveron ambas as dúas moita notoriedade na vida da cidade, sendo moi respectadas e un grande referente para a sociedade..
Nos anos trinta adheriuse á agrupación "Mujeres españolas" de clara tendencia conservadora.
Faleceu o 20 de marzo do ano 1956.

Vid: La Zarpa, 27 e novembro de 1923
La Región, 27 de maio de 1924.
La Zarpa, 12 de maio de 1925.
La Zarpa, 5 de xaneiro de 1926
La Zarpa, 20 de outubro de 1929
El Pueblo Gallego, 20 de marzo de 1956.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario