Etiquetas

04 diciembre 2012

NIEVES FARIZA

Mestra e líder social. Natural de Cambados, sobriña do deputado galeguista na República Antón Alonso Ríos. Obtén o título de bacharelato no Instituto de Santiago no ano 1929 e no ano 1933 dirixe a Academia Escuela Moderna onde preparaba para o bacharelato, o maxisterio, escola primaria e Nocturna. Como muller comprometida cos necesitados tamén abriu  en 1934 unha escola privada mixta no local do Sindicato de Guimarey a onde acudirían todos os nenos que non puideran ir á escola mixta nacional. 


Exerceu o maxisterio en Xaceváns en Celanova. Aquí foi recriminada por non impartir clases de relixión, unha medida aprobada polo Ministerio en tempos da República.

El Emigrado: Num. 441 (07/03/1933)


Cando se produciu o levantamento militar e por temor a represalias dos falanxistas, fuxiu co seu fillo nun camión de seguidores da insurrección. Finalizada a guerra, morreu o seu home, que traballaba nas obras do ferrocarril na zona montañosa do sur de Ourense. Como non estaba asegurado, non podía cobrar a pensión. Diante desta inxustiza, enfrontouse coa empresa construtora e conseguiu tramitar pensións para oito mulleres. Asociada ao avogado Colemán puxo en marcha o Consultario Social "Adiante", para defender os dereitos das mulleres que ficaban viúvas por mor das obras da vía. Adquiriu grande protagonismo e foi alcumada "Desenterramortos" porque animada a exhumar cadáveres para practicar autopsias e demostrar, así, a causa da morte daqueles homes. Na súa loita por mellorar as condicións de vida daqueles traballadores tamén consegiu que a empresa construtora aboasen 30 céntimos por quilómetro dende a casa ao lugar do traballo, polo que foi coñecida como "a dos quilómetros". Foi denunciada por exercer como avogada laboralista sen ter título.
Como mestra seguiu exercendo e en 1953 estaba destinada no pobo de Arcucelos, en Laza.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p. 154.
Méndez Lois, Mª J. (coord..) Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2007, p. 100.

No hay comentarios:

Publicar un comentario