En setembro de 1933 foi destinada como interina á escola de Montoedo, en A Teixeira, na terra de Caldelas. Un ano despois foi para a escola de Figueiroá, en Paderne de Allariz e, estando nesta praza, sumouse, xunto cos seus compañeiros e compañeiras de Allariz, ao acordado pola Asociación Provincial do Maxisterio para a homenaxe á forza pública.
Coa chegada da ditadura Teresa foi apartada durante algún tempo da súa escola e, en 1936, aparece destinada na escola de Picasent, Valencia (ver imaxe); pero a Dirección Xeral emitíu un informe en setembro de 1939 no que indicou a reposición provisional de Teresa na súa escola e, finalmente, ratificou que podía incorporarse á mesma. Deste xeito, Teresa continuou exercendo tras un proceso de incerteza.
Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Información del Magisterio (1933, 21 setembro). Galicia, p. 6. Información del magisterio. (1934, 30 maio). Galicia, p. 6. Para los mantenedores del orden. (1934, 1 decembro). La Región, p. 3; Sección administrativa (1939, 9 agosto). La Región, p. 2; Información del magisterio. (1939, 16 setembro). La Región, p. 2; Relación de cursillistas. (1933). El magisterio español, Número 9203: 101; Boletín Oficial del Estado, 1 de xaneiro de 1942.)