Carmen en 1911 foi unha das mestras pensionadas no Conservatorio de París para a Ampliación de estudos e investigacións científicas. Pensemos que estamos a comezos de século e era notable que unha muller puidera acudir a unha grande capital europea para seguir perfeccionando a súa formación. Carmen Pérez seguiu gozando da pensión en 1912.
Vid: La Región, 3 de xuño 1911; El Eco de Galicia, 1 de febreiro de 1912, p. 1.Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
09 diciembre 2020
MARÍA DEL CARMEN PÉREZ Y GARCÍA
Non podemos asegurar que fose Ourensá, talvez alguén poida informarnos máis. Pero podemos dicir dela que estudiou música e especializouse en piano. En Ourense había varias profesoras que impartían clases particulares de música, algunhas delas acadaron grande recoñecemento, non só na cidade, senón tamén en Madrid pois cando as súas alumnas ían examinarse no Conservatorio da capital, o profesorado emitía grandes eloxios sobre elas e sobre as súas profesoras.