Recollo no blog unha interesante referencia que me facilitou Loli Sanfer. Trátase de Aurora Martínez, fundadora e entrenadora do Gimnasio 2000 de onde saíron impresionantes ximnastas como Marta Bobo, Pino Díaz, Silvia Alonso....todas xinmastas de recoñecido prestixio denominadas "A xeración milagre" pois subían a todos os podiums.
Aurora, despois de estudar durante tres anos en Madrid, Licenciouse en Educación Física e doutorouse en Bellas Artes e foi pioneira en montar, xunto co seu home Antonio Prada, un ximnasio privado en Ourense no ano 1974 para ofrecer "deporte para todos".
A súa vocación docente levouna a exercer en diversos institutos, logo na Escola Universitaria e na Universidade de Vigo da que foi profesora titular. Ademais destes méritos hai que dicir que introduciu a a modalidade da ximnasia rítmica á nosa cidade pois daquela non existía. Ela foi formándose nesta modalidade a través de cursos e a asistencia a algún campionato do mundo como o celebrado en Basilea.
(Aurelia Losada coas nenas do equpio no Campionato de España en Xixón en 1985 (foto sacada do libro que se cita)
Os comezos como entrenadora non foron doados pois non había espazos habilitados para traballar a ximnasia rítmica nin tampouco medios. Comezou entrenando en Salesianos e logo na Univesidade Laboral pero todos estes lugares non eran idóneos para a práctica deste deporte. Entrenaba a nenas nun ambiente de familia e agradable pois sempre foi partidaria de transmitir valores deportivos educativos.
Pouco a pouco comezou a participar en campionatos de España como o celebrado en 1976 a onde acudiu co Club Medina e ao ano seguinte, no 77, presentouse co equipo do Ximnasio 2000. Despois en 1980 fórmase a Federación Galega con novos equipos de ximnasia que van aparecendo por toda Galicia.
Recoñece que a súa familia sempre a apoiou e Antonio Prada, o seu home, tivo un papel relevante pois ademais de ser entrenador de trampolín tamén impulsou o desenvolvemento da ximnasia.
(Foto: La Región)
Cando Aurora lle deu o testigo á súa filla e esta se fixo cargo do club, ela pasou a desempeñar labores federativas e actuou de xuíz en campionantos nacionais e internacionais.
Durante anos Aurora traballou arreo en beneficio da ximnasia e foi intrépida ao fomentar o deporte nos institutos onde nenos e nenas xogaban xuntos, algo que naquela época non se concibía moito. Dixo nunha entrevista:
"Pues sí; tuve que vencer alguna que otra barrera. En mis comienzos no me encontraba con una directora de instituto, o con una concejala de deportes. En algún instituto me llamaban al orden porque los chicos comenzaban a sentir interés por la práctica deportiva en los momentos de descanso académico, y el ambiente que se respiraba era de juegos y ruido. Yo acababa de llegar de Madrid y le revolucionaba el instituto tal y como estaba concebido hasta el momento . No había la coeducación, y yo desarrollaba mi labor docente con niñas, pero de pronto había chicos y chicas jugando al voleibol en los recreos… Ya empezaba a promocionar el deporte como actividad extraescolar, y esto al instituto le creó un problema de orden. En algún momento sufrí una persecución".
Recóllese no libro titulado "Gimnasio 2000: cuarenta años de historia. Del rendimiento a la salud" escrito por Aurora e Pablo, toda unha vida dedicada ao deporte, á disciplina, á saúde...pero tamén ao benestar emoncional, apreciable nas numerosas fotografías nas que se ve a todas as nenas felices. O ximnasio levounas a éxitos e experiencias que nunca esquecerán e iso é propio dos grandes mestres e mestras. (recomendo a lectura do libro que pode descargarse da páxina web do gimnasio 2000).
Hoxe en día, o ximnasio segue a ser un referente en Ourense acollendo a numerosos aboados de todas as idades aos que lles achega benestar e saúde.
Vid: La Región; Gimnasio 2000