Etiquetas

04 diciembre 2012

ÁFRICA ÁLVAREZ VALLE

Naceu en 1916, era natural de Casaio e estaba casada. Era irmá de Delfina Álvarez Valle que tamén foi encarcerada por uns meses na Prisión de Ourense acusada de axuda a fuxidos.

Segundo os artigos 45  e 46 da Lei do 9 de febreiro de 1939 faise saber que, por aparecer indicios de responsabilidade política, se lle incoou expediente de responsabilidade. 

Segundo o expediente, África, xunto con Clotilde Valle Valle, Cecilia Valle, todas residentes en Casaio tiñan coñecemento de onde se ocultaba unha "partida de rojos huídos".

Foi detida en xaneiro de 1943 e xulgada en febreiro no Barco de Valdeorras polo Xuíz Francisco de la Barrera e foi condenada a 12 anos e un día de reclusión temporal por auxilio a fuxidos e manutención dos mesmos. Tamén se declarou a incautasción dos bens, aínda que África, segundo os informes, non tiña "bienes conocidos"

Estivo no cárcere de Astorga como tamén Clotilde Valle. A situación de precaria alimentación e as condicións do inmoble facía que as reclusas enfermaran con frecuencia. África estivo enferma dunha forte gripe e tivo que ser tratada con aspirina fenacetina receitada polo médico Sr.Botas.

O nove de xuño de 1943 a fiscalía alega haber recibido por parte do Xuíz a orde de sobreseimento da causa contra África e as demais mulleres procesadas, Cecilia e Clotilde.
(Fonte: Expediente de Responsabilidades políticas. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/06. Caixa 7210/06)

Vid: Expediente de Responsabilidades políticas. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/06. Caixa 7210/06; BOE U, nº 14, 1943, p. 1547; José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte, editorial Galaxia e editado en 2015; Beatriz García Prieto, "La invisibilización de la Prisión de Mujeres de Astorga: desde la dictadura franquista a nuestros días",