Foi militante de F.E.T. e de las J.O.N.S. e incorporouse a filas o 1 de agosto de 1936 e prestou servizo en Hospitais de sangue. Obtivo a Medalla de Sanidade Militar de constancia con tres pasadores de primeira liña. Medalla da Medhauria e a Medalla da Vella Garda. Interveu nas operacións da Fronte de Madrid, Griñón, Alto dos Leóns Toledo, Guadalaxara e outros (1).
Estivo traballando no Instituto Laboral de Ribadavia como profesora de Xeografía e Historia. Foi unha persoa recoñecida na localidade e era habitual en diversos actos culturais como charlas e conferencias que adoitaban a ser presentadas por ela. Fomentaba a cultura da comarca de Ribadavia e foi a fundadora e directora da Revista Avia, unha revista trimestral do Centro de Ensinanza Media na que o alumnado presentaba traballos sobre a contorna.
Nos anos setenta atopábase dando clases no Centro 12 de Octubre no que impartía Lengua, Literatura e Xeografía. Nunha ocasión levou aos alumnos de 3º curso de Oficilía, curso superior do Centro Sindical de Formación Profesional 12 de Outubro a visitar as instalacións de La Región.
(1)ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE. Expediente Personal. Servicio Nacional de Ex-Combatientes. C.5468/88.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento.El Correo gallego, 12 de setembro de 1942, p. 2; El pueblo gallego, 10 de febreiro de 1954, 2; El pueblo gallego, 30 de decembro de 1955, p. 11; La Región, 30 de decembro de 1955, p. 5; La Región, 14 de febreiro de 1960, p. 21; Foto Reza. "Los alumnos de la 12 de Octubre visitan nuestros talleres", La Región, 3 de decembro de 1970, p. 15.)