Etiquetas

30 julio 2020

LINA ARAÚJO


Lina Araújo foi unha pintora que naceu en Cuba pero os seus pais eran ourensás que emigraran á illa. Regresaron a Ourense nos anos sesenta pois perderan a facenda pola crise na illa.
Lina tiña un espírito artista que transmitía a través das súas pinturas o seu estado interior. Mesturou nos cadros a visión cubana e galega empregando como tema principal as paisaxes de clara sensibilidade.
Expuxo en numerosas ocasións no Liceo Ourensán sendo moi ben acollidas as súas mostras. Tamén noutras cidades galegas tiñan moita aceptación as pinturas coloristas de Lina. A técnica empregada era o óleo e era moi habitual que anunciasen as súas exposicións como "Pinturas cubanas e españolas" aludindo a esa mestizaxe das culturas nas que Lina se criou.

Dicían que a súa pintura era viva, potencial e transcendente.

El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano XXXVIII Número 18672 - 1962 xuño 16

No hay comentarios:

Publicar un comentario