Etiquetas

02 abril 2023

DORINDA MESA VILLAR


De novo estamos ante unha mestra acusada de pertencer á A.T.E.O.
(Entrada suxeita a Rexistro para unha próxima publicación en libro).

Naceu en Ourense o 25 de novembro de 1879. O seu pai era Antonio Mesa Pérez e a súa nai María Villar Freige, ambos os dous naturais de Santa Eulalia de Orcos.

Tiña o título Superior de mestra. Comezou a exercer en 1903 como mestra interina na escola de Vilanova, Ourense, e alí permaneceu dous anos. En 1905 ocupou praza en Xares. En 1906 estivo de mestra interina na escola mixta de Orille, en Verea, para pasar en 1907 á escola incompleta de nenos de Santa Marta de Pereiro. Pero xa en 1908 consta traballando de mestra en propiedade na escola mixta de Ricabo en Oviedo onde estivo ata que por concurso déronlle en 1911 no pobo de Castrillón, Oviedo, e despois en Lendeiglesias. 

A partir de 1911 volve a exercer na provincia de Ourense, sendo un dos seus primeiros destinos a escola mixta de Sevoi, Castrelo do Val. Tras estar de novo en Lugo ocupando praza na escola de Ribeiras de Miño, en 1914, por concurso danlle a escola das Lamas, concello de Leiro, en Ourense. Tras catro anos exercendo no pobo de Irixo, en 1921 foille concedida a praza en Crespos, Padrenda, por medio dunha permuta coa mestra Gertrudis González

Precisamente estando aquí, redactou unha carta en marzo de 1923, xunto con outros asinantes, que foi enviada á Xunta Local de Primeira ensinanza dando queixa da situación da educación do lugar derivada da despreocupación dos proxenitores pola educación dos seus fillos e pola “benevolencia” das autoridades locais en orden ao cumprimento do ensino obrigatorio. Polo tanto, o maxisterio do lugar, entre eles Dorinda, solicitaba upar a Escola Nacional para que os nenos e nenas puideran converterse en verdadeiros cidadáns tal como indicaba o P.Mazo. Polo tanto:

A evitar tamaños males tiende la voz de los maestros nacionales de Padrenda ya que por su profesión son los llamados a declarar titánica guerra al analfabetismo en esta pequeña parte de suelo patrio, ello son por decirlo así, los depositarios de la confianza del Estado para la formación de futuros ciudadanos que hagan de una España lánguida, anémica y pobre, una nación fuerte, robusta y rica, en forma tal, que resplandezcan en ella las grandezas que en siglos pasados se le admiraron; pero para que esta guerra puedan declararla con seguridades del éxito, se hacen necesarios ciertos planes de campaña, y estos tienen que emanar del principio de autoridad que ostenta esa Junta, haciendo cuanto esté de su parte para que se cumplan las leyes de enseñanza obligatoria, a cuyo objeto, el Magisterio nacional del municipio propone como medios para conseguirlo las normas siguientes: Colocación de bandos en los sitios más públicos de cada distrito esclaro, exhortando a los padres de familia para que en el plazo máximo de ocho días inscriban a sus hijos en los Registros de matrícula de las escuelas nacionales de sus respectivos distritos escolares, con apercibimiento de que al no verificarlo, incurrirán en las multas que determinan las leyes vigentes…

Ordenar por esa presidencia que los señores maestros remitan a la misma relación jurada de las faltas de asistencia de cada niño a la escuela durante el mes, con expresión del nombre del padre, tutor o encargado…

Verlar para que no se verifique el cambio de matrícula de los niños en las escuelas del municipio.

Que esa Junta celebre las sesiones que determina el art. 16 del Real Decreto de 5 de mayo de 1913, para que en las mismas pueda el maestro vocal exponer a la consideración de dicha Junta las mejoras e innovaciones higiénicas y pedagógicas que deban introducirse en las escuelas del municipio.

(…) Clausura de todas las escuelas clandestinas que funcionen dentro del municipio…

Y por último, prestar eficaz apoyo a los maestros en sus justas reclamaciones y hacer que, tanto estos, como las escuelas hallen decorosamente instalados y puedan con la mayor facilidad posible conseguir el fin que se proponen…[1]

En 1931 ocupou o cargo de vogal no Consello Local de Primeira Ensinanza de Padrenda. Formaban parte do mesmo como presidente, José Vieitez Castro; secretario, Don Odilo Carpintero Rodríguez; vogais, ademais de Dorinda, estaban Digna Vázquez, Manuel Pérez e Francisco Forgo. En 1932 afiliouse a A.T.E.O pero, segundo testemuño da mestra, deixouno no mesmo ano pois non compartía o rumbo político que estaba tomando a asociación. 

Tiña un fillo chamado Secundino Mesa Villar, tamén mestre nacional, que casou en 1934 con Marujita Pérez que era filla do almacenista da Ponte, José Pérez Delgado[2]

En 1936 foi acusada pola Comandancia Militar, xunto cunha grande nómina de docentes, de formar parte de ATEO, polo que foi sancionada e suspendida de emprego e soldo durante dous meses. Tras esta sanción puido incorporarse de novo á súa escola pero Dorinda foi acusada por tres informantes que sinalaron e aseveraron a simpatía da mestra pola Fronte Popular, aínda que só un dixo que fixera propaganda nas eleccións de febreiro. Argumentaron, ademais que o seu labor na escola era regular e de “poco fruto”. 

En realidade, os delatores non tiñan claro se estivera afiliada á Fronte Popular pero si aseguraban que estivera inscrita na Casa do Pobo da cidade de Ourense e que, asemade, era unha “entusiasta de la política de Gordán Ordás”:

Don Celestino Albón González, Párroco en San Cipriano de Padrenda, provincia de Orense. Tiene el honor de participar a la digna Comisión Depuradora del Personal Docente que: Doña Dorinda Mesa Villar, maestra de la Escuela de Santabaya de esta parroquia, es público y notorio que es de ideas izquierdistas y despues del triunfo electoral del Frente Popular, no se recataba en saludar en público con el puño.

Su labor en la Escuela de poco fruto, en cuanto a la enseñanza de los niños, pues solo daba una clase unica y se imponía a los demas maestros que hicieran lo mismo.

No me consta estuviese afiliada al Frente Popular, aun cuando pertenecia y era socia de la Casa del Pueblo de Orense, y entusiasta de la política de Gordón.

Entre los vecinos donde está encalavada la Escuela, hizo propaganda en las elecciones para las izquierdas y despotricaba contra todo lo que fuera de derechas.

Despues del movimiento se portaba bien, al menos exteriormente.
Dios guarde a Usted. Padrenda, 12 de enero de 1937.[3]

Tras esta denuncia sucedéronse os informes como o do Comandante de Posto de Celanova que indicou que non tiña constancia que a mestra fose afiliada da Fronte Popular pero que o seu labor na escola era regular e “demostró simpatía por la política de izquierdas desde febrero de 1936”[4]. De igual xeito informou o Delegado gubernativo. Non quedaba probada a acusación, non obstante, ante a dúbida impuxéronselle seis cargos que foron: ser simpatizante da Fronte Popular; saudar sen recato co puño en algo; estar asociada á Casa do Pobo de Ourense; ser unha entusasta da política de Gordán Ordás; o seu labor na escola era de pouco froito e, por último, que só daba unha clase diurna. 

Dorinda non se arredou e enviou un escrito cos descargos no que foi dando argumentos detallados que rebatían as acusacións. Nel comezou dicindo que eran falsos todos os cargos que se formularan e manifestou a súa estrañeza de que despois dun ano e medio de iniciado o Movemento Nacional, se lle acumularan tantos cargos que “si respondiesen a un fondo de verdad, no hubieran escapado al celo puesto en los primeros momentos por las Autoridades locales y provinciales, en la depuración del personal…”[5]

Con respecto a se fora simpatizante da Fronte Popular indicou que nunca desenvolveu ningunha actividade política, tal como indicaron e xustificaron os pais de familia da localidade. Por suposto, era falso que saudase co puño e rogou á Xunta Depuradora que reclamase do Posto de Policía e do Delegado Militar de Pontebarxas, as certificacións da súa actividade política. Tamén dixo que era outra falsidade que estivese asociada á Casa do Pobo e dixo: 

 La que suscribe fue afiliada a la Asociación de Trabajadores de la Enseñanza, en el año de 1932 y por esto ya fue sancionada, como otros muchos compañeros, con tres meses de suspensión, que luego quedaron reducidos a un mes de suspensión de sueldo (El del Agosto de 1936). Pero esto no puede tener, o no debe concerdersele importancia política. Ingresé en el año 1932 en esta organización, atendiendo a su carácter de profesional, pero en el mismo año cuse baja, como otros muchos compañeros al darnos cuenta del rumbo político que se le daba a la citada organización.[6]

Outro dos cargos contra Dorinda foi que era entusiasta da política de Félix Gordón Ordás, o que fora deputado polo Partido Radical Socialista. Ela argumentou que se trataba doutra falsidade e: 

El Señor Gordón Ordás ha estado una temporada confinado en Puente Barja durante la Dictadura de Primo de Rivera, y en aquella ocasión he hablado algunas veces con el mismo, como lo hacian la mayoria de los habitantes y atendiendo exclusivamente a razones de vecindad accidental de dicho Señor, pero sin que en aquella fecha, ni despues de su marcha, mantuviera con él relaciones políticas, ni siquiera de amistad personal.[7]

Sobre o seu labor da escola solicitou que a Comisión pedise un informe da Inspección pois dos inspectores que ela recibiu visita ningún lle fixera advertencia algunha. E, no referente a dar unha hora de clase diúrna Dorinda deféndese dicindo que iso aconteceu nalgún verán e coa autorización da Inspección. Así que: 

Por todo lo expuesto y por los comprobantes que se acompañen, queda bien demostrada la falsedad de los cargos que se me han formulado, y por ello SUPLICO a esta Junta tenga a bien resolver el expediente que se le instruye, sobreseyéndolo, como en justicia procede. Santabaya a 20 de enero de 1938. (II Año Triunfal).

En resposta a todo o esgrimido na súa defensa, a Comisión enviou con data do 10 de febreiro de 1938 ao Ministro de Educación Nacional un escrito no que afirmou que non quedou comprobada a filiación da mestra á Casa do Pobo, nin se puido ratificar a súa alta na Asociación da ATEO e tampouco puideron darse por demostrados as súas propagandas políticas, polo tanto recusa sancionar á Mestra Nacional e reclamou que fose confirmada na súa escola de Padrenda.
 
Foi un caso de libramento de sanción pero todo o transo tivo que supoñer para a mestra un duro golpe xa que estaba en xogo a súa supervivencia. As delacións que se facían nesta época contra os docentes eran continuas e para evitar as sancións tiñan que defenderse de xeito persoal e solitario. Non cabe dúbida, que estes anos de desconfianza facían que cada quen buscase a forma de librarse do réxime magnánimo por si mesmos. Era unha situación de grande soidade na maioría dos casos.

Dorinda exerceu a docencia ata que xubilou o 25 de novembro de 1947. Faleceu en Ourense o 3 de xullo de 1958 á idade de 78 anos e atópase enterrada no Cemiterio de Ourense.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Esta publicación está suxeita a Rexistro da Propiedade e está destinada a una futura publicación sobre as Mestras de A.T.E.O. Non se pode copiar).


[1] “El Magisterio Nacional de Padrenda”, La Región, 12 de abril de 1923, p. 1
[2] Boletín Oficial de la provincia de Orense, 3 de outubro de 1906 p. 1; Boletín Oficial de la provincia de Orense, 11 de xullo de 1907, p. 2; El Imparcial, 11 de novembro de 1921, p. 8; Suplemento a La Escuela moderna, 12 de novembro de 1921, p. 16, El Noticiero gallego, 25 de xullo de 1911, p. 1; Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, 31 de agosto de 1912, p. 2; El pueblo gallego , 27 de novembro de 1931, p. 9; Gaceta de Galicia, 28 de outubro de 1914; Galicia, 27 de xullo de 1934, p. 6; El pueblo gallego, 4 de agosto de 1936, p. 7; La Región , 3 de xullo de 1958, p. 2.; [3] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32_13248_263_0005.[4] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32_13248_263_0006.[5] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32_13248_263_0011.[6] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32_13248_263_0012.[7] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32_13248_263_0012.