Etiquetas

17 junio 2010

MARÍA DEL CARMEN FREIRE IGLESIAS

Mestra Nacional, casada con José Bouzas Cid. Exerceu en diferentes escolas da provincia entre elas na de Piñeiraseca en Xinzo da Limia. En 1936 foi retirada pola depuración dos Mestres Nacionais. O novo réxime consideraba ao maxisterio un corpo adherido á República e que podían transmitir ao alumando ideas subversivas. 

Por tal motivo houbo unha exhaustiva avaliación dos mestres e mestras que, logo de ver os informes econfirmar que non supuñan perigo, volvían a ocupar os seus postos docentes. María del Camen Freire tivo que pasar pola situación, máis en maio de 1940 saíu unha listado da Comisión Depuradora na que se lle recoñecía a súa praza.

Elaboración propia: Fonte: Ministerio de Cultura e Deporte e Hemeroteca.

ANTONIA FERNÁNDEZ QUINTELA

Naceu en Ourense e fixo estudos de Maxisterio rematándoos en 1908. Casou con Marcelino Mera en xuño de 1921. Mestra nacional de Ourense retirada do corpo en 1936 pola denominada Depuración de Mestres nacionais. Reincorporaríase posteriormente. Tamén se integrou en 1940 na Asociación Provincial de Mestres Católicos actuando como vogal. Unha asociación creada en Ourense en 1935 cunha finalidade de contrarrestar, en certa media, ás Asociacións de Mestres de Primeiro Ensino. A Asociación Católica tiña entre os seus obxectivos a neutralidade política e a "catolicidade" do maxisterio. Moitas mestras que estiveran no punto de mira nos inicios da ditadura superarían a inspección e seguirían exercendo. Así aconteceu con Antonia que se incorpora ao ensino e traballará ata a súa xubilación. Faleceu o día 19 de novembro de 1965 en Ourense.

Fonte: El Pueblo Gallego, 20 de novembro de 1965, p. 17


Fonte:  Hemeroteca e Ministerio de Cultura e Deporte.

05 junio 2010

CARLOTA VÁZQUEZ SARMIENTO

Dona Carlota foi a que propiciou a chegada dos Salesianos a Ourense. Realmente ela foi a que cedeu, en 1904, os terreos para que a Congregación se asentase na cidade. Recollía a prensa «El Correo de Galicia» o 23 de xaneiro de 1904 na páxina 2:

Los Padres Salesianos han posesionado en Orense una magnífica casa fábrica situada en el Puente, haciendo entrega del edificio, así como las fincas a ellas anejas, los testamentarios de Doña Carlota Vázquez Sarmiento.

Nesta extensa finca ao pé do río Miño estaba situado o pazo que pertencía a Dona Carlota xunto cun gran terreo. Carlota faleceu en marzo de 1902 pero deixou escrito a vontade de doar os terreos aos Salesianos. Hai que dicir ou destacar que, de novo, foi unha muller ourensá a que propiciou a creación dun novo centro educativo, lembremos a Angelita Varela que foi a mecenas do Centro Santo Angel.

O 18 de xuño de 1910 publicábase no periódico «El Correo de Galicia» na páxina 2 a seguinte noticia :

Estuvo entre nosotros el Provincial de la Congregación Salesiana D. Ramón Zabala. Tenía por objeto su viaje el visitar la casa conocida con el nombre de «Fábrica del Puente», que a dicha Congregación legó, al morir, la señora Doña Carlota Vázquez Sarmiento. Según parece, muy pronto se instalarán en ella los PP. Salesianos, dedicándose a la instrucción de la niñez, en sus varias manifestaciones. 

(Elaboración propia) 

01 junio 2010

ROSARIO DUEÑAS

Naceu en Ourense en 1960 e obtivo importantes marcas en natación. Foi tamén monitora deste deporte e participou en numerosos campionatos.

A ourensá Rosario Dueñas ía para nadadora olímpica cun brilante palmarés. Días antes de acudir a unha competición a Barcelona sufríu nun accidente doméstico queimaduras de terceiro grao que a fixeron retirarse, de forma prematura, da vida deportiva. 

A piscina do Pavillón Municipal leva o nome de Rosario Dueñas na súa honra. Tras o accidente a súa vida cambio radicalmente e agora leva máis dunha década de traballo na loita contra a pobreza e a miseria. 

En 1991visitou por pracer Kenia e viviu moi de preto as desgrazas do Terceiro Mundo , a partir de entón, a súa vida deu un xiro radical. As comodidades das que gozaba deron paso ao comezo dun periplo solidario que a levou por Africa, Filipinase Calcula, traballando con Teresa de Calcuta. Hoxe segueao pé do canón axudando aoscolectivos desfavorecidos.

Actualmente vive en Madrid onde é voluntaria da Onegué Misión América e tamén é membro dunha parroquia onde fai visitas aos enfermos.

Unha campiona non só no deportivo tamén no aspecto vital, ético e humano.  

Vid: http://www.voluntariadogalego.org/upload/des/75-d-la_region180107.pdf Castro, X.R., "El deporte", Ourense en el siglo XX, La Voz de Galicia, p. 196; El Pueblo Gallego, 12 de xuño de 1977, p. 18; El Pueblo Gallego, 8 de agosto de 1978, p. 18;https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/05/26/rosario-duenas-nadadora-misionera-teresa-calcuta-afortunada-tenido-dos-vidas/00031622050034422577970.htm 

EMILIA ÁLVAREZ ÁLVAREZ


Naceu en Trado, Cortegada, o 10 de marzo de 1910 e era filla de José Álvarez Puga, médico e a súa nai era Isolina Álvarez Pérez. Como as súas irmás, Isolina e Remedios, emprenderá os estudos de bacharelato. Cando tiña 12 anos fixo o exame de ingreso no Instituto de Pontevedra e no curso 1922-23 matriculouse no Instituto de Ourense nas materias de Lengua Castelá, Xeografía Xeral e de Europa e Nocións de Aritmética e Trigonometría. O 23 de xaneiro de 1924 solicitou unha Certificación de estudos para trasladarse ao Insituto de Santiago onde rematou o bacharelato. 

Cando tiña 17 anos, en 1927, matriculouse por oficial na Facultade de Farmacia en Santiago onde realizou os cinco cursos licenciándose con brillantes resultados en 1933. 
Demostrou ter unha admiración polas grandes eruditas galegas como, por exemplo, Concepción Arenal, sobre quen impartiu unha conferencia na Casa Social de Santiago titulada "Una sencilla semblanza de Concepción Arenal". Segundo a prensa:

"La Señorita Álvarez, tuvo la discretísima postura de manifestarse, no como reveladora de una figura presentada en la publicadad, por conocidos hombres de ciencia, sino que apartándose de la obra de estos...Espigó especialmente en los libros Manual del Visitador del pobre; Manual del Visitador de Preso y sobre todo el volumen denominado Cuadros de la guerra, donde la excelsa socióloga ha vaciado toda su ternura....La oradora fue muy aplaudida y felicitadísima. Así la mujer gallega va incorporándose a la vida de nuestra intelectualidad, dando cada día más relevantes pruebas de afán y del provecho con que se capacita para ello" (1).

No ano 1933 casou en Cortegada con Fermín Bouza Brey, xuíz da Estrada ademais de erudito, galeguista e un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. O matrimonio tivo cinco fillos/as, Emilia, María Luísa, Fermín, Isabel e José.

Emilia rexentaría unha farmacia na rúa do Vilar, número 54, en Santiago de Compostela. Aínda en 1966 seguía exercendo de farmacéutica. Faleceu en 2000.

(1)"La mujer gallega y su acción social", Vida gallega : ilustración regional, 31 de xaneiro de 1930.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese inédita. Cid Galante, Rosa María.As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004 , pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156; El ideal Gallego, 7 de xullo de 1933, p. 2.; El Compostelano, 30 de xuño de 1933, p. 2; El Correo Gallego, 25 de febreiros de 1942, p. 2; 12 de setembro de 1948, p. 2; La Noche, 23 de marzo de 1963; El Pueblo Gallego, 30 de outubro de 1974, p.  13.

MARÍA DOCAMPO POUSA

Mestra represaliada. Era irmá de Manuel Docampo que foi fusilado o 26 de setembro de 1939 por rebelión militar e de Ricardo Docampo, mestre cesado da súa escola. 

María naceu en Ourense o 6 de marzo de 1907. Cando tiña 18 anos, o 5 de xuño de 1925, realizou o exame de ingreso no Instituto de Ourense. Estivo matriculada durante dous cursos e o 10 de setembro de 1926 solicitou o Certificado para a Escola Normal de Mestras. 

Finalizados os estudos en 1931 solicitou cubrir interinidades. En 1935 estaba destinada na escola de Vilamartín de Valdeorras pero solicitou permuta coa maestra de párvulos número 2 de Ourense, Encarnación Pousa Otero. 

Como varias mulleres ourensás tamén contribuíu en xullo de 1933 cun donativo para a  placa conmemorativa que se lle dedicou á ilustre Fimomena Dato. O que di dela ser unha muller  que recoñecía á intelectual como defensora das mulleres.

Era irmá de Manuel Docampo Pousa que era carpinteiro, foi xulgado en Ourense por rebelión militar e considerado un comunista co resultado de sentencia de pena de morte sendo executado no Cumial, Seixalbo, o 26 de setembro de 1939. Manuel era o presidente de La Casa del Pueblo; tamén o era do Socorro Rojo Internacional e da Sociedade de Carpinteiros de Ourense.

Outro dos irmáns era Ricardo Docampo Pousa que era mestre e o Oficial da Sección Administrativa de Primeira Ensinanza. Tamén foi separado definitivamente do ensino en marzo de 1937.

María tamén sufriría a vixianza do franquismo e foi represaliada no proceso de Depuración de Mestres Nacionais. 

Pasado un tempo puido reincorporarse á ensinanza e en 1953 estaba exercendo na Nexa de Ourense. Estivo uns meses de excedencia para realizar un curso de parvulista na Coruña.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e Educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento; Ministerio de Cultura. Archivo: Archivo General de la Administración Fondo: Ministerio de Educación Nacional. Serie: Expedientes de depuración de maestros nacionales; http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/10514/;  El Diario de Pontevedra , 4 de agosto de 1937; El Compostelano, 23 de marzo de 1937 marzo 23; El pueblo gallego, 1 de xaneiro de 1931.



MILAGROS ÁLVAREZ RAMÓN


Mestra ourensá represaliada do Franquismo. Acabou a carreira en 1931. Estivo destinada na escola de Castro e logo exerceu na Veiga.

Vid: Ministerio de Cultura Archivo: Archivo General de la Administración Fondo: Ministerio de Educación Nacional Serie: Expedientes de depuración de maestros nacionales.

MARÍA DEL PILAR RODRÍGUEZ CAMINERO

Naceu o 26 de marzo de 1914 en Ourense e era irmá de Joaquina Rodríguez Caminero.Era filla do comerciante Juan R. Rodríguez, natural de Porto do Son, A Coruña, e a súa nai era Pilar Caminero Gordiel, natural de Puentelarrá, Álava.

En 1927 era alumna na academia privada que rexentaba en Ourense o Licenciado en Filosofía e Letras e Xefe da Biblioteca Provincial e Arquivo de Facenda, Don Juan Fernández Pérez. En dita academia prepararíase nas materias de bacharelato. Os exames no Instituto Provincial foron superados con cualifcacións moi elevadas, obtendo premio en Francés e Xeografía e Historia Universal. Aos 18 anos, no ano 1932, matriculouse por oficial na Facultade de Filosofía. Realizou catro cursos e en 1936 solicitou un certificado de traslado á Facultade de Valladolid. Posteriormente regresou a Ourense e exerceu no Colexio Padre Feijóo.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156.