Etiquetas

27 septiembre 2014

MODESTA FERNÁNDEZ BLANCO (MEBORAT)

Meborat, pintora ourensá cunha extensa carreira artística que comezou en 1976. Formouse aos 12 anos na Escola de Artes e Oficios da Deputación, onde perfeccionou as técnicas de debuxo e barro, que ela mesma consideraba fundamentais na formación de calquera artista plástico. A súa relación co mundo de arte pasou por diversas etapas, sempre saltando dunha a outra, pois gostaba de experimentar  tanto en técnicas como en manifestacións artísticas.

A pintora sempre se declarou unha 'namorada' de Ourense, onde expuxo en multitude de ocasiónss. Entre as exposicións máis relevantes que realizou, figura a súa presenza en espazos culturais de Madrid ou Oviedo. En 2009 expuxo na cidade dentro dos 'Encontros co patrimonio cultural' do Ateneo.
Lamentablemente faleceu en maio de 2012 aos 55 anos.
Vid: La Región

Foto vid: A Deputación

ANA FERREIRO

Ana Ferreiro naceu en Ribadavia e deixou a súa profesión de enxeñeira para dedicarse de cheo á pintura. O seu pai era ferroviario e a súa avoa e a súa tía rexentaban un bar na mesma estación dende onde axudaron a moitos xudeos a escapar cara Portugal e das que falamos neste mesmo blog. Ana Ferreiro fai unha pintura figurativa pero íntima, de temas cheos de humildade, cunha pincelada delicada e cores cálidos harmoniosos.
Ana Ferreiro é nova e seguro que ten unha longa carreira por diante. Realizaou exposicións exitosas en Ourense, Madrid, e demais provincias.
Información e foto, vid:  Cultura Xunta de Galicia,

14 septiembre 2014

CONSUELO BELLO CANO

Como vén sendo habitual neste blog, incorpóranse mulleres que foron fillas de ourensás, e sobre todo se estas tiveron una repercusión social importante, como é o caso. Estamos a falar de Cosuelo Bello, tamén chamada Fornarina I. Diremos dela que era cupletistas e das famosas cupletistas de Madrid, cidade onde nace o 27 de maio de 1884. Era filla de Laurenao Bello, que era garda civil e era ourensán, e de Benita que era lavandeira e era de El Toboso. A Fornarina foi a intérprete de "Clavelitos" canción composta polo seu noivo, J. Cadenas.Parece ser que non tiña una voz potente pero modulaba moi ben e facía bonitos graves.
Para máis datos quixera remitir ao blog do meu amigo Rafael: Ourense no tempo.
Vid: Ourense no tempo
Vid:Wikipedia
Vid: Consuelito y otras bellas del cuplé