Etiquetas

21 enero 2012

ELENA ABELAIRA FERNÁNDEZ

Naceu en 1910 en Ourense cidade. No ano 1923 ingresa con 13 anos no Instituto Provincial de Ourense para realizar os estudos secundarios. Realizou os seis cursos de bacharelato algúns pola opción libre e outros pola opción oficial. Acada o título de bacharelato coa calificación media de aprobado e posteriormente solicita traslado á Escona Normal de Ourense.
Estamos ante outra muller pioneira de Ourense que non se resistiu a ampliar a súa formación e titularse nunha carreira superior.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), versión editada en CD, Unversidade de Vigo, 2011. (Localizable en diversas bibliotecas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario