Etiquetas

24 julio 2018

EVA FERNÁNDEZ MORÁN


Eva Fernández é filla de pai ourensán e nai canaria. Aos oito anos veuse para Ourense e residiu en Xeixalbo. Viaxiera desde moi nova por ter formado parte do Grupo Castro Floxo, unha escola e unha experiencia de vida para Eva.
Eva titulouse en Enxeñería Técnica Agrícola e cunha beca marchou a Coímbra onde contactou coa enxeñería do medio ambiente. Posteriormente fixo os estudos de Grao en Ciencias Ambientais en Salamanca.
Coa beca Erasmus foise a Berlín. Ao finalizar realizou un máster en Ciencias Ambientais en Glasgow. Natural Power apareceu na súa vida e desde entón realiza un traballo que lle encanta dentro do sector das enerxías renovables.


14 julio 2018

LUCÍA SUN


Naceu en Valencia pero criouse en Ourense, onde segue vivindo a súa familia É unha das grandes promesas da fotografía española e unha das que mellor retrata a intimidade feminina. Actualmente, expón "E todo comigo",  na que a través de fotografías e poemas relata o seu primeiro romance para falar de amor entre mozas. E, en breve, abrirá outra. Leva dous anos dedicándose á fotografía da moda.
A cidade que a viu crecer deulle "a base de todo", especialmente a Universidade Laboral, onde foi a estudar o Bacharelato de Artes, deixando atrás a súa etapa en Maristas. "Tiña moi claro ao que me quería dedicar", explica. E por iso foise a Madrid a estudar Comunicación Audiovisual con 18 anos.
Pero o que aprendeu na Laboral foi o mellor. Na carreira "tiña pouca práctica", pero que os seus coñecementos de fotografía "adquirinos todos na Laboral". E non só iso, senón que o ambiente dos compañeiros marcarana para sempre:  "A miña etapa na Laboral fíxome crecer como persoa".

Esta fotógrafa do mundo da moda está a tentar visibilizar o colectivo lésbico nese sector. E foi pregoeira no Orgullo de Madrid.


Vid: La Región