Etiquetas

16 febrero 2015

EDELMIRA ÁLVAREZ O´FARRIL

Temos ocasión de mencionar hoxe no blog a unha das  fillas dun grande empresario ourensán, de recoñecido prestixio e amante da súa terra.  Edelmira Álvarez O´Farril naceu en Santa Clara, Cuba.  Nos expedientes académicos do Instituto Provincial consta que se matriculou no ano 1913. Estudou durante dous cursos acadando unhas boas cualificacións. Logo trasladouse á Escola Normal de Mestras de León.
O seu pai era Manuel Álvarez, emigrante ourensán a Cuba quen fundou no barrio de Vigo de Casablanca os talleres de decoración de porcelana converténdose nun complexo industrial na parroquia de Cabral con expansión dentro e fóra de Galicia . Era irmá de Moisés Álvarez O´Farril quen en 1941 gobernou o grupo de empresas Álvarez (GEA) herdados do pai e a estrutura chegou a ter nove divisións: Santa Clara (porcelana), Casablanca y Vanosa (vidrio), Royal China, Moahsa, Pontesa e Ibero-Tanagra (loza), Manesa (refractarios) y Cromolito (calcomanías cerámicas); todas en Vigo excepto Pontesa en Soutomaior e Ibero-Tanagra, en Santander.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense 1900-1930, Tese de Doutoramento, publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, versión CD.
Sobre a traxectoria da empresa vid: http://elpais.com/diario/2010/02/24/galicia/1267010304_850215.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario