Etiquetas

30 octubre 2014

MERCEDES BAIGET ÁLVAREZ

Naceu en Ourense no ano 1911 no seu dunha familia de nivel económico acomodado. Realizados os estudos primarios, matricúlase no Instituto Provincial no ano 1923 cando tiña 12 anos. Realizará os seis cursos, o primeiro pola opción libre e os cinco restantes por oficial. As cualificacións que obtivo foron brillantes entre notables e sobresalientes. Adquire o título de bacharelato e logo trasládase á Normal de Ourense rematando os estudos. Continuou formándose e figura realizando os cursos 7º e 8º para especializarse en Ciencias. Ditos cursos realizáronse na Escola Normal de Ourense  en 1967.
Para a realización destes cursos debían reunir unha serie de requisitos. Na imaxe que se acompaña pode verse a convocatoria.
Vid: Tese inédita. Cid Galante, R. e Benso Calvo, C., “Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)” Historia de la Educación, 26, 2007, pp. 437-470



No hay comentarios:

Publicar un comentario