Etiquetas

07 abril 2009

ARACELI ANCOCHEA ROLDÁN

Dona Araceli Ancochea Roldán naceu en O Barco en 1893. Era filla de Román Ancochea Montes e de Antonia Roldán Ricoy. O primeiro era mestre en Redondela. Morreu en 1898, cando Araceli tiña catro anos, e está enterrado na devandita vila, onde foi moi querido e recordado. A nai de Araceli era natural de Pontevedra e quedou viúva ós 26 anos con seis fillos.Con dotes excepcionais para a música, Araceli comezou os estudos musicais ós 5 anos. Examinouse dos primeiros cursos de piano en Santiago, e de 1904 a 1910 estudou a carreira de piano no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid, sempre coas máximas notas e acadando premios e distincións. Rematada a carreira ós 16 anos, continuou perfeccionando os seus estudos cos catedráticos do Conservatorio don José Tragó y Arana e don Tomás Bretón, este último consideraba a Araceli a mellor discípula daquelas promocións. Sacrificando o seu porvir como pianista e cumprindo un desexo manifestado polo pai antes de morrer, para dedicarse ó ensino da música ós mestres opositou a cátedras de Música de Escolas Normais. Catedrática de Música en 1915, obtivo destino en Cuenca, onde botou só un curso. En 1916 trasladouse á Escola Normal de Ourense, onde estará ata a súa xubilación en 1963. Araceli casou en Ourense en 1921 con Felipe Pedreira Deibe, fillo de Leopoldo Pedreira, tamén catedrático da Escola Normal desta cidade. O matrimonio tivo os tres fillos anteriormente citados. Desde 1976 ata a súa morte, Araceli Ancochea vivíu un martirio de catorce anos. Despois de botar dous anos nunha cadeira de rodas, a Araceli cortáronlle unha perna o 30 de outubro de 1978, e a segunda o 5 de decembro de 1986. Morreu en Madrid en 1991 e repousan os seus restos na Sacramental de San Justo. Un dos seus fillos, Román Pedreira Ancochea, sacerdote e escritor, dedicoulle o libro “Poemas a nai” de onde se extrae o seguinte poema: ESAS ALIÑAS (escrito en galego) Miña doce andoriña, ¿por que non voas? ¡Sempre voamos xuntos, ai, ata agora ...! Esas aliñas,esas aliñas, ¡pra min canto cansaron, doce andoriña ...! Bico as aliñas ledas, que xa non voan ... ¡Ai, naiciña querida!, ¡ai, miña xoia ... ! No teu currunchoquedo contigo. Sen ti voar non quero namentres vivo ... Daránno-las aliñas, nai adorada, cando ó fin do desterro brille a Alborada ..., que amostraranos que amostraranos o seu froito beneito: do Sol o encanto ... ROMÁN PEDRElRA ANCOCHEA La Región (Ourense), 28 de outubro de 1993. Vid: http://boards2.melodysoft.com/vilamartin/gentes-de-vilamartio-araceli-ancochea-675.htmlhttp://www.santoangel.info/roman-pedreira-ancochea-presbitero/madre.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario