Etiquetas

03 noviembre 2016

LOLI CARBALLO

Naceu en Santa Marta de Maceda, Ourense, no ano 1959 e desde moi pequena tivo claro que lle gustaban as artes plásticas que estimulaban a súa imaxinación e o seu pensamento.
No ano 1996 realiza estudos de debuxo artístico, pintura, fotografía e talla en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde perfecciona a súa formación académica ensaiando con novas técnicas e materiais. As súas obras son moi diversas froito tanto das súas inquedanzas como da investigación nas técnicas mixtas.
A súa obra é unha chegada á expresión mínima despois dun proceso de análise desde o punto de vista da filosofía de Platón e Aristóteles. Dá como consecuencia unha obra abstracta quedándose coa esencia das formas.
Realiza exposicións en Vigo, Santiago, Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arouse, Pontevedra, Huelva...