Etiquetas

25 diciembre 2014

MERES BARREIRA


Naceu en Ourense e reside en A Coruña. Meres Barreira é pintora de vocación e acuarelista por definición, xa que en canto descobre esta técnica, atopa o seu medio de expresión idóneo. Segundo as súas propias palabras, "a acuarela é a pintura do espírito", chea de matices e de posibilidades, perfecta para plasmar o universo interior da artista. Fórmase coa pintora Fina Mantiñán, que comezou a súa traxectoria artística en París, e é ela quen anima a Meres Barreira a probar a técnica na que atopa o seu medio perfecto de expresión: a acuarela.
Así, tanto nas súas series abstractas como nas escenas figurativas, Meres expresa emocións profundas, sen ningún tipo de máscara e cunha sinceridade absoluta, pintando tal e como ela é ou sente nese momento.
Ademais, afástase conscientemente do academicismo e opta pola experimentación, un feito que a mantén traballando a diario no seu estudo. Esta faceta pódese ver, principalmente, nas súas abstraccións, pola maneira innovadora de tratar a acuarela, o uso de técnicas mixtas ou a propia elección do papel (por exemplo, acuarela sobre papel negro).
Varias das acuarelas de Meres Barreira foron seleccionadas en dúas edicións do Premio Internacional de Pintura Xulio Quesada. Tamén expuxo as súas obras en galerías e museos fóra das nosas fronteiras, en Francia (Premio Médaille da Ville en 2009) e en diferentes cidades europeas, como Bruxelas e Múnic.
Meres Barreira

24 diciembre 2014

VALERIA DOMÍNGUEZ

Valeira, nacida en Ourense no ano 1979, é filla do emprensario e emprendedor innovador ourensán Adolfo Domínguez, pero resaltámola non blog polos méritos profesionais que Valeria ten. Estudou en Canadá e licenciouse en Enxeñería Robótica na Universidade de Queens. Domina o francés, alemán, inglés e traballou en Estados Unidos onde creou unha empresa de ventas de casas por internet. Na actualidade é a directora de e-commerce de Adolfo Domínguez, sen dúbida, unha grande emprendedora.

13 diciembre 2014

LUCÍA SUEIRO (CH SUEIRO)

Lucía Sueiro é unha pintora galega nada en Ourense en 1954, fai Belas Artes en San Fernando (Madrid), e realiza exposicións  individuais e colectivas por España e parte de Europa.  Na actualidade reside en Vigo onde ten unha Galería de Arte (Galería Conde Sueiro) na que está exposta a súa obra de maneira permanente xunto con exposicións doutros pintores. Tamén expón obras das súas fillas Mónica e Vanessa.
Admira a pintores como Magritte, Caravaggio e Botticelli. 
O estilo que máis lle atrae é o surrealista e tamén a abstacción. As súas pintures teñen forte colorido o que imprime entusiasmo. O debuxo chega a ser moi detallado e preciosista e noutros casos déixase levar polas fortes pinceladas sen debuxo previo.