Etiquetas

10 octubre 2016

SUSA ARMESTO

Susa, Nace na alta montaña ourensá, filla dun mecánico e unha campesiña. Aos seus 4 anos foi adoptada e pasou, en grao sumo humilde todo o máis poderoso, social e economicamente falando, lembra emocionada e agradecida, o legado humano e cultural que recibiu do seu catro avós adoptivos, o elegante e coherente exemplo que lle deron, a súa dozura, a súa tenrura.
Estudou Dirección e Realización de Cinema e Tv na Escola Superior de Comunicación CEV ( Madrid 1984), cidade na que posteriormente fundou e dirixiu, con 24 anos, unha axencia de prensa comprometida co xornalismo de investigación e a denuncia social.
Os seus traballos como guionista e directora de cinema e tv, e fotógrafa, abarcan o reporterismo de denuncia social, a crónica de actualidade, a fotografía publicitaria e artística, e diversos tipos de reportaxes.
Fundou e dirixe actualmente un Studio de creacións multimedia no que desenvolve as súas múltiples facetas profesionais e artísticas como profesora de imaxe, investigadora, como directora e guionista de cinema, como fotógrafa, escritora, Curadora de contidos, ilustradora e artista dixital.
A obra máis importante na que traballa desde hai 8 anos é un documental en primeira persoa e de carácter pedagóxico onde cuestiona a adopción e achega a súa persoal visión sobre o dereito á identidade e á orixe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario